RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Rubén Díez cre que "este tres partidos van marcar un pouco todo"

Rubén Díez afirmou esta mañá na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que para estes últimos partidos "contas non fixemos nin creo que debamos facelas polo feito de que estes tres partidos (Córdoba CF, AD Alcorcón e Linares Deportivo) van marcar un pouco todo. O primeiro, pola proximidade que teñen e o segundo pola dificultade que teñen os rivais. Son cos equipos que nos estamos xogando os postos de arriba entón ten o dobre de transcendencia, sobre todo a estas alturas de temporada. Todo empeza por esta fin de semana en Córdoba, no que o equipo se lle ve moi ilusionado, con moitas ganas de que chegue o partido e sobre todo de gañar, porque sabemos que traernos os 3 puntos vai ser moi importante e pode marcar moito".

Do equipo andaluz, rival este domingo 30 de abril ás 20:00 horas (InSports.tv) no Nuevo Arcángel mostrouse sorprendido polo seu espectacular arranque ligueiro aínda que sostén que "a xeira que colleu na primeira volta era inaguantable. Sempre hai unha época do ano que o equipo non acaba de estar ben, que os resultados non chegan, pero ninguén se podía imaxinar que non fosen levantar a cabeza. E aínda así o equipo está con opcións de entrar a playoff. Iso quere dicir que a pesar de todo o equipo é moi bo. Nin antes eran os mellores, nin agora son os peores. É o mesmo e sabemos que vai ser un partido moi complicado porque eles xogan no seu campo, porque as súas opcións de meterse en playoff pasa polo noso partido e o que teñen suspendido de entre semana contra o Racing de Ferrol".

Lembra que "aínda é pronto para saber a formulación que imos ter a fin de semana, pero tentaremos xogar un pouco coa necesidade que tamén teñen eles, que xogan no seu campo; da presión que van ter. Entón nese sentido, tranquilos. A primeira idea sempre a mesma, tentar levar nós o peso do partido. Demostrámolo e tentámolo durante todo o ano e esa idea non vai cambiar, xoguemos con 2 ou con 3 centrocampistas. Evidentemente xogar con 2 ou con 3 dáche distintos matices en ataque. Pero eu creo que en Ferrol se demostrou que xogando con 2 pódese facer un bo partido, soubemos contrarrestar as fortalezas deles, que eran sobre todo os ataques por banda, tanto con Héber como con Carlos Vicente".

Espera esta fin de semana "un partido moi disputado, moi complicado, no que vai haber un ambiente espectacular de fútbol. Eles xóganse todo, pero é que nós tamén. Entón vai ser un bo partido, un partido bo de ver a nivel de ambiente. É verdade que o míster (Manuel Mosquera) coñécenos, pero a estas alturas da temporada coñecémonos todos moi ben, tanto nós a eles como eles a nós. Entón iso tampouco vai ter moita relevancia".

Non se atreve a sinalar un favorito para a primeira praza: "A falta de 5 xornadas, estando 4 equipos en menos dun partido, igual algún cae, pero creo que imos estar os 4 equipos metidos até o final. Oxalá podamos chegar á última xornada dependendo de nós mesmos".

Asegura que "hai autocrítica sempre tanto na vitoria como na derrota. Nese sentido, hai que tentar profundar e seguir facendo as cousas que facemos ben, que na miña opinión son moitas; e por suposto as que non facemos tan ben ou as que nos custa facelas, insistir".

Recoñece que a nivel individual "non me atopaba ben de todo. Agora xa levo un par de partidos que pouquiño a pouco estou a atoparme ben outra vez a nivel a nivel físico, que eu creo que é o importante. Cando ti non te atopas ben fisicamente é complicado render ao máximo. Entón estou contento por esa melloría outra vez sempre para tentar axudar ao equipo".

Síntese cómodo "preto da pelota, estando en contacto con ela. Algúns partidos, pola forma do rival de presionar ou a necesidade que nós temos de sacar o balón, podo caer moito máis abaixo, máis preto de centrais. No último partido en ABANCA-RIAZOR non facía falta baixar tanta xente porque a forma de presionar da AD Ceuta permitíanos que collese máis altura e ter un xogador máis preto de Quiles, de Mario, de Lucas. É un pouco ir variando en función do rival e da necesidade que teña o equipo tanto en saída de balón como en tres cuartos".