- Foto: Federación Costarricense de Fútbol -
Após finalizar a Primeira Fase do Campionato do Mundo de Rusia, unicamente 2 futbolistas branquiazuis quedan en competición: Fabian Schär con Suíza e Michael Krohn-Dehli con Dinamarca.
Os suízos xóganse os oitavos de final o martes 3 de xullo ante Suecia (16:00 horas) no San Petersburgo Stadium.
Pola súa banda, Dinamarca enfróntase en oitavos de final o domingo 1 de xullo (20:00 horas) a Croacia no Nizhny Novgorod Stadium.
Celso Borges, Francis e Ismael Díaz xa están de regreso a casa.
Costa Rica acabou última do grupo E con 1 punto, froito do empate (2-2) ante Suíza, e das derrotas fronte a Brasil (2-0) e Serbia (1-0). Celso Borges xogou completos os 3 encontros.
No grupo D, Nixeria finalizou a Primeira Fase en terceira posición con 3 puntos, cun triunfo ante Islandia (2-0) e dúas derrotas, con Croacia (2-0) e Arxentina (2-1). Francis foi titular nos 3 partidos, que disputou na súa totalidade.
Finalmente no grupo G, Panamá despídese en última posición da súa primeira participación nun Mundial con 3 derrotas ante Bélxica (3-0), Inglaterra (6-1) e Tunisia (2-1). O fabrilista Ismael Díaz disputou 30 minutos ante Bélxica na primeira xornada. Non saltou ao campo no segundo partido e causou baixa hoxe no último encontro, ante Tunisia, debido a unha "contusión ósea no cóndilo femoral externo do seu xeonllo dereito", segundo informou a Federación Panameña de Fútbol.
Este é o calendario de partidos para os deportivistas:
Fabian Schär
Copa do Mundo (Grupo E)
Domingo 17 de xuño
BRASIL 1 - SUÍZA 1
Venres 22 de xuño
SERBIA 1 - SUÍZA 2
Mércores 27 de xuño
SUÍZA 2 - COSTA RICA 2
Oitavos de final
Martes 3 de xullo
16:00: SUECIA - SUÍZA, no San Petersburgo Stadium
Michael Krohn-Dehli
Copa do Mundo (Grupo C)
Sábado 16 de xuño
PERÚ 0 - DINAMARCA 1
Xoves 21 de xuño
DINAMARCA 1 - AUSTRALIA 1
Martes 26 de xuño
DINAMARCA 0 - FRANCIA 0
Oitavos de final
Domingo 1 de xullo
20:00: CROACIA - DINAMARCA, no Nizhny Novgorod Stadium
Celso Borges
Copa do Mundo (Grupo E)
Domingo 17 de xuño
COSTA RICA 0 - SERBIA 1
Venres 22 de xuño
BRASIL 2 - COSTA RICA 0
Mércores 27 de xuño
SUÍZA 2 - COSTA RICA 2
Francis Uzoho
Copa do Mundo (Grupo D)
Sábado 16 de xuño
CROACIA 2 - NIXERIA 0
Venres 22 de xuño
NIXERIA 2 - ISLANDIA 0
Martes 26 de xuño
NIXERIA 1 - ARXENTINA 2
Ismael Díaz
Copa do Mundo (Grupo G)
Luns 18 de xuño
BÉLXICA 3 - PANAMÁ 0
Domingo 24 de xuño
INGLATERRA 6 - PANAMÁ 1
Xoves 28 de xuño
PANAMÁ 1 - TUNISIA 2