Seedorf: "Mostramos outra vez que o equipo compite até o final"
Clarence Seedorf manifestou na sala de prensa de Balaídos que "o resultado é xusto". O técnico holandés viu "moito equilibrio en todo" durante os 95 minutos que rodou o balón sobre o céspede vigués.
Recoñeceu que #ONOSODERBI foi "difícil a nivel emocional. Facer xusto o que un quere, pero non sempre cando ti queres, podes".
Opina que o Deportivo na primeira metade "estivo ben a nivel defensivo pero non conseguimos crear ben o noso xogo. No segundo tempo xogamos un pouquiño mellor. Pero o partido estivo moi pelexado, como sempre pasa nos derbis, moita paixón, algunhas faltas duras. Conseguimos mostrar outra vez que o equipo compite até o final. Empatar ao final di moito do grupo, onde está mentalmente, sabendo todas as dificultades que hai".
Preguntado por Lucas, Seedorf comentou que "sempre dixen que estaba a xogar moi ben, estaba a competir ben, estaba a traballar ben para o equipo. Faltáballe o gol. Veu un pouco tarde, pero forma parte do deporte".