RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Seedorf repasa conceptos tácticos e afina a puntaría, con Sidnei xa no grupo

Clarence Seedorf repasou esta tarde co seu cadro conceptos tácticos no campo 3 da Cidade Deportiva de Abegondo.

O traballo sobre o céspede arrancou cun quecemento e un exercicio de entradas por bandas con finalizacións.

Sidnei incorporouse ao traballo de grupo, aínda sen alta médica; e, por conseguinte, ademais de Bóveda só restan por integrarse na dinámica grupal Andone, Valverde e Muntari, que hoxe se adestraron co readaptador Fran Molano.

Fede Cartabia retirouse antes de finalizar, con malas sensacións no seu bíceps femoral dereito. Os Servizos Médicos agardarán á súa evolución nas próximas horas.

Os canteiráns Mujaid e Boedo, ambos pertencentes ao Xuvenil A de División de Honra, estiveron hoxe co primeiro equipo.

Regresaron Celso Borges e Fabián Schär. Os dous realizaron tarefas de recuperación cos fisioterapeutas, tras disputar dous partidos internacionais coas súas respectivas seleccións neste parón ligueiro.

Mañá xoves, o equipo terá un adestramento de xogadas a balón parado no Estadio ABANCA-RIAZOR a partir das 11:00 horas. Será a porta pechada.