RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Segundo partido para Elena Vázquez no Mundial sub-17, este sábado ante a República de Corea

-Foto:@rfef.es

 

Elena Vázquez representa ao Deportivo ABANCA no Campionato do Mundo sub-17 que arrincou onte á noite ante Estados Unidos no Estadio Olímpico Félix Sánchez de Santo Domingo (República Dominicana).

A segunda cita no torneo para España e para a canteirá deportivista será mañá sábado 19 de outubro ás 22:00 (hora galega) ante a República de Corea. O choque será retransmitido en directo por Teledeporte e RTVE Play.

No seu debut na competición, a selección española impúxose (3-1) o pasado mércores a Estados Unidos nun bo partido do combinado nacional.

Elena Vázquez seguiu o encontro desde o banco e non chegou a saltar ao terreo de xogo.

O calendario de partidos da selección española, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Mércores 16 de outubro
ESPAÑA 3 - ESTADOS UNIDOS 1

Sábado 19 de outubro
22:00 (hora galega): ESPAÑA - REPÚBLICA DE COREA, no Estadio Olímpico Félix Sánchez de Santo Domingo

Martes 22 de outubro
22:00 (hora galega): COLOMBIA - ESPAÑA, no Estadio Olímpico Félix Sánchez de Santo Domingo

A selección española sub-17 é a vixente campioa de Europa nun torneo no que participou outra deportivista, Lucía Rivas, que se recupera dunha lesión de xeonllo.

As Nosas consolídanse como un viveiro para as categorías inferiores da selección española posto que, ademais de Elena Vázquez e Lucía Rivas, Olaya e Marina Artero acaban de regresar do Mundial sub-20; a propia Marina é campioa de Europa sub-19; Antía Veiga estivo nuns adestramentos coa selección española sub-16; e Claudia Sande participou noutra concentración coa sub-15. Finalmente Dunia Dahmouni acaba de recibir a chamada da selección marroquí sub-20.