RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Seis adestramentos matinais na segunda semana de pretemporada do Dépor

A pretemporada branquiazul, de momento co epicentro na Cidade Deportiva de Abegondo, vai subindo aos poucos en intensidade e carga de traballo.

Así, Imanol Idiakez dispuxo de 6 sesións matinais na segunda semana que arrinca este luns 15, todas elas ás 10:30 e con almorzo previo na instalación a partir das 8:30 horas.

Ademais, de luns a venres, ambos os incluídos, o cadro comerá tamén na Cidade Deportiva. 

O Club dixitalizou o proceso de petición de comidas, reducindo desperdicios e mellorando os custos xerais; todo iso cunha reforma do comedor, cunha nova cociña, mellorando a nutrición e o rendemento.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 15 de xullo
10:30 h.

Martes 16 de xullo
10:30 h.

Mércores 17 de xullo
10:30 h.

Xoves 18 de xullo
10:30 h.

Venres 19 de xullo
10:30 h.

Sábado 20 de xullo
10:30 h.

Domingo 21 de xullo
Descanso