Semana curta para Os Nosos con partido o venres en Huesca, ante un camiño longo
O Dépor encara desde mañá luns 19 de agosto unha semana curta de traballo con partido o venres 23 ás 21:30 no Alcoraz ante a SD Huesca (LaLiga TV Hypermotion e #Vamos).
Imanol Idiakez disporá de 3 sesións de traballo matinais en Abegondo e a última, o xoves 22, en Huesca pola tarde.
Mario Soriano na zona mixta de ABANCA-RIAZOR lembrou onte que "o camiño é longo. Queda moita temporada".
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Luns 19 de agosto 10:30 h., Abegondo
Martes 20 de agosto 10:30 h., Abegondo
Mércores 21 de agosto 10:30 h., Abegondo
Xoves 22 de agosto 19:00 h., Cidade Deportiva da SD Huesca
Venres 23 de agosto 21:30: SD Huesca - Deportivo, no Alcoraz