Semana soñada para o Dépor ABANCA con debut en Liga F, en ABANCA-RIAZOR e ante o campión de Europa
O Dépor ABANCA, hoxe con xornada de descanso, arrinca ao grande a temporada en Liga F, con visita do campión de Europa a ABANCA-RIAZOR este domingo 8 de setembro ás 18:00 horas (DAZN).
Irene Ferreras disporá de 4 sesións de traballo matinais na Cidade Deportiva, con almorzo xa na instalación desde as 8:20.
Antes de saltar ao campo ás 11:00, as futbolistas pasarán pola sala de vídeo e polo ximnasio.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Mércores 4 de agosto 11:00 h.
Xoves 5 de agosto 11:00 h.
Venres 6 de agosto 11:00 h.
Sábado 7 de agosto 11:00 h.
Domingo 8 de agosto 18:00: Deportivo ABANCA - FC Barcelona, en ABANCA-RIAZOR