Só Krohn-Dehli e David Simón están á marxe do grupo a 48 horas do partido en Soria
Só dous futbolistas están á marxe do grupo, a pouco máis de 48 horas do partido deste venres 26 de abril en Los Pajaritos ante o CD Numancia (21:00 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV): Krohn-Dehli e David Simón.
O lateral canario realizou hoxe unha parte co grupo e continuou o seu traballo co readaptador, Fran Molano; mentres que Carlos Fernández, este sen alta médica, e Borja Valle completaron o adestramento ás ordes de José Luis Martí.