Traballo táctico para Os Nosos "tratando de ver a nosa forza, as armas que temos" para Granada
O Dépor completou esta mañá a sesión forte da semana cunha activación e un exercicio no campo 2; e unha tarefa táctica no campo 3 da Cidade Deportiva.
Juan Gauto, na súa presentación, advertiu hoxe mesmo que o Granada CF, rival este sábado 7 de setembro ás 16:15 (LaLiga Hypermotion) no Nuevo Los Cármenes, "é un equipo moi difícil". Explicou ademais o arxentino que "estamos a traballar o día a día, tratando de ver a nosa forza, as armas que temos nós; e despois avaliar ao rival e ver onde lle podemos sacar proveito para poder sacar os 3 puntos".
Sergio Escudero é o único futbolista que, a día de hoxe, fai tarefas co grupo e outras co readaptador Fernando Rodríguez.
Mañá venres 6 de setembro, Os Nosos realizarán o último adestramento en Abegondo a partir das 10:30 antes de viaxar pola tarde a Granada nun avión que despega a media tarde do Aeroporto da Coruña.