RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Un Dépor "en boa dinámica, con confianza, con ilusión" enfocouse nas finalizacións nunha mañá de menor carga física

Imanol Idiakez insistiu esta mañá nun exercicio de finalizacións no campo 3 da Cidade Deportiva nunha mañá de menor carga física. Após pasar pola sala de vídeo, a sesión para Os Nosos arrincou cunha activación con xogos e rondos.

O técnico deportivista ve ao seu equipo "en boa dinámica, con confianza, con ilusión; e entendendo que temos un reto por diante e queremos asumilo".

Están con traballo personalizado Villares, Mella, Salva Sevilla e Pablo Martínez; mentres que Rubén López foi o representante de #ANOSACANTEIRA.

De todos eles, Imanol Idiakez explicou que o defensor francés "non vai chegar, a Salva véxoo moi difícil tamén; e logo David Mella está cun golpe, estamos a coidalo tamén para que chegue. Eu creo que vai chegar. Diego Villares tamén ten unha pequena molestia dun golpe. Son golpes dolorosos. Quedan aínda 2 días para o partido e o lóxico é que os dous (Mella e Villares) poidan estar".

Mañá sábado, o Dépor adestrarase de novo en Abegondo a partir das 11:00, na última sesión de traballo previa ao partido deste domingo 3 de marzo ás 19:00 en ABANCA-RIAZOR ante o CD Lugo (TVG-2 e FEF TV), correspondente á 26ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.