RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Un Dépor, tamén xa con Jose Ángel, apunta á liga con ganas de empezar, de competir

O Deportivo, a día de hoxe con todo o seu cadro sobre o céspede, completou esta mañá unha nova sesión de adestramento en Abegondo co punto de mira na liga.

Jose Ángel Jurado, o único futbolista que estes días arrastraba unha molestia muscular na súa coxa esquerda, tamén se incorporou ao grupo.

Ao centrocampista andaluz referiuse Diego Villares na sala de prensa: "É ese xogador que probablemente antes non tiñamos e que igual defensivamente ten similitudes con Olabe, pero en canto a balón, en canto a nivel de posicionamento é distinto. Con el no campo sentinme cómodo, sobre todo adestrando e xogando. Coincidimos menos, pero en adestramentos está a servirnos para adaptarnos e para coñecernos entre nós".

O futbolista galego subliñou que este verán "nos serviu para probar cousas e salvo o partido de Ponferrada, que foi un pouquiño distinto, o resto da pretemporada foi positivo. Estamos con ganas de que chegase esta semana e de empezar, de competir".

Despois dun quecemento con balón, Imanol Idiakez dispuxo un exercicio táctico con finalizacións e fútbol en espazo reducido, de alta intensidade a pesar das altas temperaturas reinantes estes días na comarca da Coruña.

Mella, Barba, Jairo, Martín Ochoa e Diego Gómez foron esta mañá os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Mañá mércores a partir das 10:30 o Dépor adestrarase en ABANCA-RIAZOR, a porta pechada, na primeira das dúas sesións previstas esta semana no Estadio previas ao debut ligueiro, o sábado 26 de agosto ás 20:30 (FEF TV).

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK