RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Un Fabril espeso, sobre todo na primeira metade empata co Marino de Luanco

Fabril e Marino de Luanco empataron (2-2) este mediodía en Abegondo en partido correspondente á 20ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación.

Ambos os equipos chegaban ao encontro empatados a 22 puntos na clasificación e saíron igualados a 23 puntos. Iso si, os asturianos por diante por mellor diferencia de goles posto que na ida en Miramar tamén houbo empate (1-1): +1 por -1 os fabrilistas.

Foron baixa por lesión Diego Gómez e Martín Ochoa; ademais de Mella e Rubén, citados polo primeiro equipo para o partido en Vigo. Por contra, foron titulares Iano Simão e Puerto, que traballaron toda a semana ás ordes de Imanol Idiakez.

A primeira ocasión perigosa do partido foi aos 7 minutos para os asturianos nun remate de Abrahan na área fabrilista que se marcha lixeiramente desviado.

Aos 20 minutos, de novo Abrahan probou fortuna após unha perda do balón do Fabril en mediocampo. Esta vez o seu disparo, frouxo, atallouno Brais Suárez.

O Fabril, "espeso" como declarou na sala de prensa post-partido Óscar Gilsanz, non logrou nestes primeiros compases do partido romper a tea de araña que os asturianos teceron ao redor do seu porteiro Denis.

Pouco despois, Kevin non logrou chegar por pouco a un bo centro desde a banda dereita de Lache, un dos grandes recursos do equipo que dirixe Óscar Gilsanz.

O Marino de Luanco viuse obrigado a facer un cambio por lesión. Iván Elena, que minutos antes chocara con Brais Suárez ao tentar rematar de cabeza un balón, viuse obrigado a saír do terreo de xogo.

Foi Lorea, o xogador que saltou ao céspede, o que abriu o marcador. O atacante asturiano recibiu un pase filtrado por Diego Díaz e superou ao meta fabrilista.

O gol noqueó ao Fabril, que perdeu de vista a portería asturiana. De feito Abrahan plantouse só ante Brais Suárez, tentou unha vaselina pero o porteiro fabrilista logrou, ao bordo da área, rexeitar o balón.

Cun bo centro Iano Simão desde o carril zurdo que non atopou rematador chegouse ao final do primeiro tempo.

O técnico fabrilista explicou que nestes primeiros 45 minutos "non tivemos velocidade na circulación de balón, custounos moito xogar cara a adiante. O Marino igualábanos a xogadores e facía unha última liña de 5 se era necesario coa subida dos nosos laterais. Non tivemos a velocidade suficiente para ser capaces superar ese traballo defensivo do Marino. Por momentos tiñamos o control do balón pero non tiñamos facilidade para progresar nin para facer situacións de gol. Non sacamos nin un córner sequera".

Insiste en que "fomos moi previsibles. Tivemos 3 ou 4 perdas para que o Marino fixese contras", concluíu.

Após o paso polos vestiarios o Fabril deu un paso adiante e "o equipo atopou a maneira de facer superioridades sobre todo na banda dereita. Tivemos capacidade para chegar, para facer ocasións de gol"

Apunta o preparador do Fabril que a clave para o cambio no seu equipo foi "o movemento dos interiores para facer superioridades, aumentar o ritmo na circulación de balón, xogar todo o que podiamos cara a adiante e cando chegabamos por fóra meter balóns á área para as nosas puntas".

Así, no minuto 56, Kevin recibe un balón na área pequena de Jairo, falla no primeiro remate pero acerta no segundo. O internacional deportivista marcou tamén o pasado mércores no partido de Copa do seu equipo, o Xuvenil A, ante a UD Las Palmas.

Óscar Gilsanz comeza a refrescar ao equipo en ataque. Así, Mati Castillo releva a Vilán.

Os fabrilistas asedian xa a portería do Marino de Luanco. Iano Simão remata de cabeza un saque de falta lanzada por Marotías e o porteiro asturiano Denis salva o tanto cunha gran parada.

Mati Castillo, no minuto 65, dispara desde a frontal da área grande pero o balón atállao Denis baixo paus.

O Marino tratou de coller aire nalgún contragolpe e nun remate errado de Abrahan despois dunha boa manobra na área fabrilista.

O balón roldaba xa con perigo a área asturiana e no minuto 73 Nájera, após unha boa internada de Lache, desnivela o marcador cun remate raso axustado ao pau esquerdo da meta de Denis.

A resposta rival foi inmediata. No outro área, e nun saque de esquina, Cuesta remata e Iano Simão logra desviar o balón ao traveseiro da portería de Brais Suárez. O balón acaba rexeitado pola defensa fabrilista.

Con outro córner, case na xogada seguinte, o Marino logra empatar o encontro. Lora saca desde a esquina un bo centro que Cuesta, outra vez, cabecea á rede. Corría o minuto 79.

Un minuto antes Lache, esgotado fisicamente, deixou o seu sitio ao xuvenil Mardones; mentres que Jorge relevou ao goleador Nájera.

Os últimos minutos foron un ida e volta nas dúas áreas. Un centro moi perigoso de Thymos desvíao Borja case á súa propia portería. Á contra, o Marino non foi capaz de resolver un dous para dous.

O partido acabou con polémica. O colexiado do partido anulou un gol a Jairo na última jugador por fóra de xogo de Jorge, que foi o que asistiu ao mediocentro coruñés.

Ao final repartición de puntos "agridoce", segundo manifestou Óscar Gilsanz. A próxima semana, a Fabril visita á Arandina CF.

Fabril: Brais Suárez, Lache (Mardones, min. 78), Puerto, Marotías, Iano Simão, Brais Val, Álex Alfaro (Barba, min. 85), Jairo, Nájera (Jorge, min. 78), Vilán (Mati Castillo, min. 60) e Kevin (Thymos, min. 85).

Marino de Luanco: Denis D.F., Borja, Aspra, Diego Díaz (Sandobal, min. 46), M. Cuesta (Jandro, min. 86), Lora, Pinín, Guaya, Iván Elena (Lorea, min. 36), Abrahan (Hugo, min. 86) e Adolfo.

Goles: 0-1 Lorea (min. 39); 1-1 Kevin Sánchez (min. 56); 2-1 Nájera (min. 73); 2-2 Cuesta (min. 79)

Árbitro: Víctor Castellanos Argueso, do colexio cántabro. Amoestou a Iano Simão (min. 41), Adolfo (min 90+3), Jandro (min. 90+4) e Jorge (min. 90+5)

Incidencias: partido correspondente á 20ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación disputado no campo principal de Abegondo

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK