RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Unha xogada desgraciada condena ao Fabril en Guijuelo

Un tanto en propia meta no minuto 27 condenou ao Fabril na súa visita ao CD Guijuelo (1-0), en partido correspondente á 14ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación.

Con este resultado, o filial queda con 17 puntos na zona media da clasificación.

Óscar Gilsanz non puido contar cos lesionados Diego Gómez, Ángel Puerto, Álex Pereira e Quique Teijo; ademais dos fabrilistas que viaxaron co primeiro equipo: Mella, Martín Ochoa, Rubén e Kevin.

Jairo e Marc Lachèvre, que se adestraron tamén con Imanol Idiakez durante toda a semana, estiveron dispoñibles finalmente no Fabril. Ambos foron titulares.

Tamén xogou de inicio Carreira, un dos 4 xuvenís que levou Óscar Gilsanz a Guijuelo, ademais de Manu Berrocal, Samuel Fernández e Domínguez.

Durante a semana, o Fabril traballou no campo do Monte en San Tirso tamén de herba sintética como o Municipal Luis Ramos.

Óscar Gilsanz pediu en rolda de prensa aos seus futbolistas adaptarse rápido á superficie. E custou, posto que a primeira metade foi para o CD Guijuelo.

Os salmantinos, que esta temporada gañaran ante o seu público 4 partidos, empatado 1 e perdido tan só ante a SD Compostela, saíron lanzados a polo gol.

Alberto B. e Diego puideron anotar na primeira media hora, pero foi Brais Val o que involuntariamente adiantou aos locais cun pase atrás erróneo a Hugo Ríos que se coa na portería. Corría o minuto 27.

Após o paso polos vestiarios, o Fabril recompúxose e fíxose co mando do partido.

Os pupilos de Óscar Gilsanz atacaron de forma continua a meta de Rabanillo e puideron igualar con ocasións para Mati Castillo, Thymos e Álvaro Santamaría. Non houbo acerto no remate e o partido acabou con triunfo do CD Guijuelo.

Ademais da derrota, a outra mala noticia do partido protagonizouna Thymos. O atacante australiano relevou a Carreira no minuto 58 pero tivo que saír do campo 5 minutos máis tarde a consecuencia dunhas molestias nun xeonllo, pendente de avaliación médica nos próximos días.

O vindeiro domingo 10 de decembro ás 19:30 (Youtube RC Deportivo), o Fabril recibe en Abegondo ao Coruxo FC.

CD Guijuelo: J. Rabanillo, Iago Parga, Pica, Willy, Diego G. (Alonso, min. 82), Juan Antonio, Cristóbal Gil (Garbán, min. 63), Cedenilla, Asiel, Toti e Alberto B (Montes, min. 72).

Fabril: Hugo Ríos, Marc Lachèvre (Iñaki, min. 85), Somolinos, Brais Val, Iano Simão, Barba (Domínguez, min. 84), Jairo, Nájera, Vilán, Carreira (Thymos, min. 58 e Álvaro Santamaría, min. 63) e Mati Castillo. 

Goles: 1-0 Brais Val en propia meta (min. 27)

Árbitro: Ignacio Bordóns Romero, do colexio madrileño. Amoestou a Pica (min. 66),  Barba (min. 78) e Garbán (min. 89)

Incidencias: Partido correspondente á 14ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación disputado no Municipal Luis Ramos de Guijuelo