RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Villares cre que "faltou un puntiño de acerto" e Cristian Herrera pide que o partido "nos sirva de aprendizaxe"

Diego Villares e Cristian Herrera pasáronse pola zona mixta do Nuevo  El Arcángel.

O mediocentro lucense, hoxe lateral dereito, lembra que "tantos eles como nós tivemos ocasións claras. A nós faltounos ese puntiño de acerto para poder levarnos algo de aquí".

Aínda que recoñece que onde sente máis cómodo é no centro indica que "me está tocando axudar ao equipo no lateral e mentres poida axudar onde o míster me poña, benvido sexa".

Finalmente Villares opina que "nunha liga tan igualada como esta a falta de contundencia a pagas. Un día estás arriba, outro abaixo. Hai que levantarse desta, que queda moito".

Pola súa banda, Cristian Herrera, que tivo unha acción clara para empatar o partido na segunda metade, afirma que "viñemos aquí coas ganas de puntuar. Levabamos unha semana adestrando de p... nai, o equipo moi intenso, moi ben. Prepararamos o partido xenial. Non nos saíu como esperabamos e non queda máis que aprender destas derrotas, facerse fortes, mirar cada un o seu e mellorar o próximo partido".

O atacante branquiazul recalca que "os pequenos detalles son os que marcan a diferenza no fútbol profesional"; e pide que "nos sirva de aprendizaxe. Temos que fortalecer a parte de atrás todos xuntos; e a parte de diante estar máis acertados e seguir traballando para que non pase outro partido".