RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Villares fala de "sensación de alivio" e Mario Soriano ve "un equipo que quere gañar"

Diego Villares e Mario Soriano pasáronse pola zona mixta do Estadio Cartagonova.

O mediocentro lucense admite ter "unha sensación de alivio e de traballo ben feito. Xa mereciamos semanas atrás de resultados negativos que a sensación fose positiva. Hoxe moi bo partido de todo o mundo e levámonos 3 puntos moi importantes de aquí".

Subliña que todos os futbolistas de ataque branquiazuis "fixeron un traballo incrible e vanse cun bo sabor de boca, que o merecían".

Villares advirte que durante a semana "tentas illarche un pouco de todo sobre todo os que estamos aí dentro" do sucedido coa substitución no banco e cre que en Cartagena "fomos máis eficaces nos últimos metros e controlamos o partido co balón".

 

Pola súa banda, Mario Soriano indica que "o partido empezou da mellor maneira con ese gol de Yeremay e iso axudounos a ter máis espazo por dentro con Villares e comigo; e encontrabamos na última liña a Yeremay, Mella, Lucas ou Barbero".

O futbolista madrileño cre que o equipo "estivo moi ben. Este é o camiño".

Con todo, pensa que "nos partidos anteriores reflectiuse este xogo; e o único que pasou é que non entraron as ocasións e as que tivo o rival meteunas".

Finalmente Mario Soriano coincide con Óscar Gilsanz e ve "un grupo moi unido. Reflectiuse hoxe. A pesar dos cambios o equipo demostrou que quere gañar, que quere estar o máis arriba que poida".