RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Vitoria curta ante o Sárdoma CF dun Dépor ABANCA B sen puntaría en ataque

O Dépor ABANCA B venceu (0-2) no campo vigués das Relfas ao Sárdoma CF en partido correspondente á 3ª xornada en Tercera Federación.

Decidiron para as branquiazuis os goles de Carmen Carballada e Laura Otero, esta xa no desconto.

Óscar Orro non puido contar para o encontro entre outras con Elena Vázquez, citada polo primeiro equipo; nin a internacional venezolana Michi Apóstol, cunha lesión muscular. 

Por contra, si foron titulares Paula Novo, Carmen Carballada e Paula Monteagudo, futbolistas en dinámica do Dépor ABANCA.

O resultado pode cualificarse como curto posto que as branquiazuis dispuxeron de claras ocasións para marcar e deixar sentenciado o choque moito antes.

Con este resultado, o filial deportivista suma 7 puntos e empolícase aos postos altos.

Deportivo ABANCA B: Antía Veiga, Alejandra Vázquez, Sara Cercido, Paula Novo, Laura Otero, Paula Redruello, Carmen Carballada, Paula Monteagudo, Anfal O Yamani, Laura Ruiz e Lucía Mariño. Tamén xogaron: Yanís Citoula, Dunia Dahmouni e Noe Maio.

A próxima fin de semana o Dépor ABANCA recibe en Abegondo ao CD Lugo.

Os resultados até a data do Dépor ABANCA B son os seguintes:

CD Villa de Simancas 2 - Dépor ABANCA B 2 (Laura Ruiz e Lucía Mariño)
Dépor ABANCA B 3 (Michi Apóstol, Dunia Dahmouni e Paula Novo) - Victoria FC 0
Sárdoma CF 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Carmen Carballada e Laura Otero)