RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

Xa está aquí a Dépor Summer Experience!

A Fundación RC Deportivo pon en marcha este mes de xullo a Dépor Summer Experience, que terá lugar en dúas quendas, do 1 ao 5 e do 8 ao 12 de xullo, con actividades desde as 10:00 até as 17:30 horas cada día.

A actividade está aberta a nenos e nenas de 10 a 16 anos. A Dépor Summer Experience terá diversas actividades multideporte, visitas ao Estadio ABANCA-RIAZOR, adestramentos impartidos por técnicos do Club na Cidade Deportiva de Abegondo e servizos de comida e de autobús.

Toda a información sobre cada sede, cada quenda, horarios e demais preguntas frecuentes atópase en deporexperience.rcdeportivo.es, onde pode realizarse todo o proceso de inscrición e contacto, que tamén pode establecerse a través de deporexperience@rcdeportivo.es.