RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Yohana subliña que foi un soño reunir a tantas persoas o pasado domingo en ABANCA-RIAZOR

Yohana Gómez subliñou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que foi "un soño reunir a tantas persoas" o pasado domingo en ABANCA-RIAZOR en referencia aos 7.527 espectadores que presenciaron o encontro ante a CE Europa: "Estamos moi agradecidas. Esperemos que siga así até final de temporada".

Nesta liña, apunta que "xogar en ABANCA-RIAZOR sempre é ilusionante. Si que é verdade que ao final empatamos, pero tentámolo, o que pasa que o balón non quixo entrar. Sacamos das partido cousas positivas, e a seguir".

Valora que na clasificación, a pesar desa igualada, "seguimos igual. O importante é que nos queda un partido menos. Entón estamos enfocadas no que temos que facer".

A gardameta do Deportivo ABANCA asegura que non fan contas para os 3 partidos que restan de liga: "Mellor semana a semana. Preferimos non pensar no que poida pasar e semana a semana moito mellor". "Estamos enfocadas máis en gañar ao Athletic B e seguir; e que teña que ser o que sexa", engadiu sobre o partido do próximo sábado 13 de abril ás 18:45 no campo 8 de Lezama.

Non oculta Yohana que no vestiario "nótase que estamos na recta final, pero estamos tranquilas, sabemos o que temos que facer. Entón non queremos pensar máis aló".

Finalmente quixo destacar que a categoría, a Primera Federación Iberdrola, "é moi competitiva. Todos os equipos queren gañar. Evidentemente ao principio non importan tanto os puntos pero ao final todo o mundo está a xogarse cousas e son necesarios eses puntos. Entón aí es máis competitivo aínda".