RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

#ANOSACANTEIRA

Image

Máis de dous centenares de novos futbolistas forman parte do sementeiro deportivista. A canteira branquiazul, #ANOSACANTEIRA, está formada por quince equipos, desde o eterno Fabril, o paso previo a vestir a camiseta do primeiro equipo, até o Fabril FC Benxamín, composto polos cativos de 7 e 8 anos que xa soñan con saltar algún día ao céspede de ABANCA-RIAZOR, pasando polos catro conxuntos do Orzán SD Feminino. Na Cidade Deportiva de Abegondo traballan con eles máis dunha vintena de adestradores e dunha decena de axudantes, entre preparadores físicos, fisioterapeutas, técnicos ou delegados. Todos cun mesmo e único obxectivo, o de crecer día a día para alcanzar o soño de defender a camiseta do Dépor ou do Dépor ABANCA.