O triunfo do Alevín A (0-5) ante o Fabril FC Alevín esta tarde en Abegondo, correspondente á Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, puxo o punto e final a unha histórica fin de semana para ANOSACANTEIRA, saldado coa permanencia do Fabril en Segunda Federación; e os títulos de liga para Xuvenil A, Xuvenil B, Cadete e Alevín de fútbol 11, este no grupo norte do Trofeo Conservas Calvo.
Onte domingo 5 de maio a atención estaba centrada no partido do Fabril no Requexón ante o Real Oviedo Vetusta, correspondente á última xornada en Segunda Federación.
Os fabrilistas necesitaban polo menos o punto que lles facía falta para selar a súa permanencia sen depender doutros resultados.
Conseguiron vencer (1-2) aos carbayones nun partido condicionado iso si pola expulsión da meta ovetense Viktor Egboh pasada a media hora de xogo.
O outro filial, o Dépor ABANCA B visitaba ao UD Mos. A falta de 2 xornadas para concluír a Tercera Federación FutFem e para ser campioas, as branquiazuis, segundas na táboa, necesitaban gañar os 2 partidos e que o líder, o Real Avilés CF, perdese os seus.
Óscar Orro contou coas baixas de Lucía Rivas, concentrada en Suecia coa selección española sub-17 na Fase Final do Campionato de Europa; e de Michi Apostol, á que lle faltaba un último partido con Venezuela no Campionato Suramericano sub-20.
As deportivistas fixeron os deberes ao gañar o seu partido nas Baloutas (0-3) pero quedaron subcampioas ao vencer o seu encontro o Real Avilés CF.
En Abegondo, o Xuvenil B logrou un novo título da Liga Nacional ao derrotar (2-1) ao Atlético Coruña Montañeros CF.
Así mesmo, o Alevín venceu ao Victoria CF (5-0) para proclamarse campión do grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11. Na clasificación os branquiazuis quedaron igualados co CD Lugo pero por diante por mellor golaverage xeneral.
En casa, o Orzán SD Xuvenil Femenino, en loita polo título da Primera Autonómica co Bergantiños CF, dobregou ao PM Friol B (3-1); e en Lugo o Orzán SD B sub-16 Femenino de Segunda Autonómica impúxose (0-3) ao SCD Milagrosa.
O sábado 4 de maio o conxunto de Manuel Pablo aspiraba a quedar campión da División de Honra xuvenil. Segundo na táboa con 66 puntos, visita ás 17:30 ao ED Val Miñor Nigrán. Á mesma hora, o Real Racing Club, líder con 67, enfróntase en Santiago á SD Compostela.
As contas eran sinxelas: os branquiazuis tiñan que gañar e que os racinguistas non vencesen en Santa Isabel.
Pois o fútbol sorriu a Os Nosos. O Xuvenil A superaba ao ED Val Miñor Nigrán (1-3) e o Real Racing Club caía ante un Compos que non se xogaba nada pero que deu unha lección deportividade.
O próximo domingo agarda o Sevilla FC, o de ida ás 12:00 en Abegondo, na eliminatoria previa da Fase de Campións.
Tamén o sábado o Cadete proclamouse campión da División de Honra ao derrotar (0-7) no campo Lino Balado de Sigüeiro ao ED Xuventude de Oroso, a falta de 4 xornadas para o final.
Ademais en casa o Orzán SD Infantil A Femenino recibiu ao Club Rosalía Mera (4-0); o Orzán SD Infantil B Femenino ao Atlético Arteixo (2-2); o Infantil, en loita polo título da División de Honra, ao Ural Español CF (7-1); e o San Tirso SD Infantil ao Arosa SC (1-2).
E como visitantes o Orzán SD Cadete Femenino, xa campión do grupo 1º da Liga Galega, venceu ao Dumbría CF (0-8); e o Fabril FC Benxamín caeu co Atlético Coruña Montañeros CF (5-3).
Para o mércores 8 quedan 2 partidos correspondentes a esta xornada: o San Tirso SD Cadete ante o CD Conxo Santiago (17:45 no Monte); e o do Benxamín A, esta fin de semana na Tres Cantos Cup, ante o Victoria CF (19:00, Cidade Deportiva).
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Categoría feminina
Tercera Federación FutFem, 29ª xornada: UD MOS 0 - DEPORTIVO ABANCA B 3 (Lucía Mariño, Laura Otero e Paula Monteagudo)
Primera Autonómica, 28ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO 3 (Noe Gómez -2- e Ana Capelo) - PM FRIOL B 1
Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 28ª xornada: SCD MILAGROSA 0 - ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO 3 (Daniela Macedo e Alexia Freire -2-)
Liga Galega, subgrupo 1º, 28ª xornada: DUMBRÍA CF 0 - ORZÁN SD CADETE FEMENINO 8 (Valeria Montero, Claudia Sande -2-, Daniela Macedo, Emma Gandoy, Sofía Milhem -2- e Yanis Citoula)
Liga Galega, subgrupo 1º, 28ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO 4 (Uxía Fariña, Sarai Martínez, Bianca Ventureira e Nerea Cruz) - CLUB ROSALÍA MERA 0
Liga Galega, subgrupo 1º, 28ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO 2 (Ariana Barros) - ATLÉTICO ARTEIXO 2
Segunda Federación
34ª xornada: REAL OVIEDO VETUSTA 1 - FABRIL 2 (Diego Gómez e Nájera)
Categoría xuvenil
División de Honra, 30ª xornada (última): ED VAL MIÑOR NIGRÁN 1 - XUVENIL A 3 (Zoe e Lucas -2-)
Liga Nacional, 32ª xornada: XUVENIL B (Héctor y Samuel Vázquez) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1
Categoría cadete
División de Honra, 30ª xornada: ED XUVENTUDE DE OROSO 0 - CADETE 7 (Miguel de Labra -3-, Raúl, Diego -2- e Carballeira)
División de Honra, 30ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - CD CONXO SANTIAGO, o mércores 8 de maio ás 17:45 no Monte (San Tirso)
Categoría infantil
División de Honra, 27ª xornada: INFANTIL 7 (Guille, Sergio Cortizo -3-, Miguel, Daniel López e Javi Seoane) - URAL ESPAÑOL CF 1
División de Honra, 27ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Gandarela) - AROSA SC 2
Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, subgrupo norte, 11ª xornada (última): ALEVÍN 5 (Rui Caamaño, Nacho Villanueva, Yoel Puñal, David Gómez e Álvaro Gómez)- VICTORIA CF 0
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 8ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 0 - ALEVÍN A 5 (Rui Caamaño -3-, David Gómez e Manu Sande)
Categoría benxamín
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 8ª xornada: VICTORIA CF - BENXAMÍN A, o mércores 8 de maio ás 19:00 en Abegondo
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 8ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 5 - FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Nico Castro, Pablo Couso e Leo Galván)