RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

A pretemporada do Dépor poderá verse na nosa canle de YouTube grazas a Auga de Parada

Auga de Parada fará posible, un ano máis, a retransmisión dos encontros de pretemporada do Dépor pola canle oficial do Club en YouTube a excepción, polo momento, do encontro do martes 30 en campo do FC Famalicão.

A DéporXira Auga de Parada comezará este martes 23 coa estrea branquiazul este verán, no estadio do Couto ante o Ourense CF ás 20:00 horas.

Os encontros do LXXIX Trofeo Teresa Herrera, non só os que dispute o Dépor, tamén poderán seguirse pola canle de YouTube do RC Deportivo.

Auga de Parada é todo un referente histórico na cidade no mundo do equipamento para baños: cerámicas, pavimentos, mobiliario, accesorios, decoración, sanitarios e grifería, cunha boutique que definen como algo máis que un showroom e máis que un museo. Un espazo onde arroupar, asesorar e inspirar aos seus clientes na avenida das Mariñas, 227 de San Pedro de Nós (Oleiros).

Auga de Parada patrocinou as retransmisións da última DéporXira, a da pretemporada 2023-24, e patrocinou durante as dúas últimas campañas as emisións de partidos desde Abegondo, que comezaron durante o curso 2022-23 con todos os encontros do Dépor ABANCA e algúns de Fabril e Xuvenil A.

O calendario de amigables de pretemporada queda así:

Martes 23 de xullo
20:00: Ourense CF - Deportivo, no Couto (📺 YouTube RC Deportivo)

Sábado 27 de xullo
20:00: Pontevedra CF - Deportivo, en Pasarón (📺 YouTube RC Deportivo)

Martes 30 de xullo
19:30 (hora local, 20:30 hora galega): FC Famalicão - Deportivo, no Estádio Municipal Vila Nova de Famalicão

Mércores 31 de xullo
19:30 (hora local, 20:30 hora galega): Gil Vicente - Deportivo, no Estádio Cidade de Barcelos (📺 YouTube RC Deportivo)

Sábado 3 de agosto
18:00 (hora local, 19:00 hora galega): GD Chaves - Deportivo (IV Troféu Emílio Macedo), no Estadio Municipal de Chaves (📺 YouTube RC Deportivo)

Venres 9 de agosto
20:30: Deportivo - Unionistas de Salamanca CF (semifinal do LXXIX Trofeo Teresa Herrera, en ABANCA-RIAZOR, 📺 YouTube RC Deportivo)

Sábado 10 de agosto
Terceiro e cuarto posto (16:00) ou gran final (21:00 horas) do LXXIX Trofeo Teresa Herrera, en ABANCA-RIAZOR (📺 YouTube RC Deportivo)