RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

A selección sub-21 cita a Yeremay o luns ás 17:00 para dous amigables e Óscar Gilsanz espera "igual trato que o Málaga CF con Antoñito"

Yeremay Hernández Cubas (Las Palmas de Gran Canaria, 10 de decembro de 2002) regresa á selección española sub-21 esta vez para dous partidos amigables ante Inglaterra e Dinamarca.

O combinado nacional concéntrase o luns 11 ás 17:00 no Hotel Meliá Princesa en Madrid para viaxar o mércores 13 a Cádiz, co partido ante o Dépor ante a SD Eibar fixado para ese mesmo luns 11 ás 20:30 en ABANCA-RIAZOR.

Óscar Gilsanz, en rolda de prensa esta mañá, afirmou que "o sentido común dime que poderemos contar con el. É certo que a convocatoria é para o luns pero cremos que poderemos contar con el cando ademais hai un precedente hai un mes escaso. O Málaga CF puido contar con Antoñito aquí en ABANCA-RIAZOR nunha convocatoria da selección".

Por conseguinte, supón o adestrador branquiazul que "o trato para o Deportivo é igual que para o Málaga CF e que poderemos contar con Yeremay. É o que me di o sentido común".

O calendario de partidos de Yeremay con España neste mes de novembro é o seguinte:

Venres 15 de novembro
18:30: ESPAÑA - INGLATERRA, no Estadio Ciudad de La Línea en La Línea de la Concepción

Martes 19 de novembro
19:00: ESPAÑA - DINAMARCA, no Estadio Carlos Belmonte de Albacete