Un Dépor que "segue crendo primeiro en nós e logo no que estamos a facer" volveu a Abegondo antes da xornada de descanso deste mércores
O Dépor completou esta mañá en Abegondo unha nova sesión de traballo, a habitual pospartido.
Onte na zona mixta de ABANCA-RIAZOR, Pablo Vázquez afirmou que Óscar Gilsanz "seguiu a liña que tiñamos, que era bastante boa. E el achegou o seu fútbol, os seus matices, as súas cousas, a súa idea sen volvernos tolos".
Iso si, admite que "estamos a tentar darlle unha volta porque cando non saen os resultados tes que ir cambiando cousas. O míster achegou o seu e de momento estanos dando o seu resultado".
O central branquiazul pensa que "temos menos puntos do que fixemos no campo ao longo destas xornadas. Seguimos crendo que a longo prazo se facemos tantas cousas e deixámonos tanto dentro do campo ao final van saíndo os resultados".
Pablo Vázquez conclúe que toca "seguir crendo primeiro en nós e logo no que estamos a facer".
Esta mañá, os titulares en ABANCA-RIAZOR ante a SD Eibar tiveron mañá de recuperación, con ximnasio e fisioterapia.
Para os demais, e xa no campo 2, houbo após unha activación unha tarefa de posición, un exercicio de finalizacións e fútbol en espazo reducido para concluír.
Jaime, Ximo Navarro, Jose Ángel e Mfulu están con adestramento personalizado.
Pola súa banda, representaron a #ANOSACANTEIRA Samuel, Kevin, Fabián e Hugo Torres Fernández (Santiago de Compostela, 24 de abril de 2006) que se estreou co primeiro equipo. Este lateral zurdo, con ficha do Xuvenil A, chegou a Abegondo na temporada 2015-16 ao Benxamín A.
Mañá mércores haberá xornada de descanso. Os Nosos retoman os adestramentos o xoves 14 de novembro ás 11:00 xa de cara ao partido deste domingo 17 de novembro ás 18:30 no UD Almería Stadium ante a UD Almería.