RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Álex Pereira continuará unha temporada máis no Fabril

Alejandro Pereira Pacha (Barcelona, 10 de xaneiro de 2002), Álex Pereira, seguirá unha temporada máis, até xuño de 2025, no Fabril.

Formado nas categorías inferiores da CE Europa, pasou polo Lleida Sportiu e o Sant Andreu antes de chegar a Abegondo na campaña 2022-23.

Após proclamarse campión de Tercera Federación co Fabril (2022-23), a temporada pasada (2023-24) disputou xa 20 partidos co conxunto de Óscar Gilsanz no grupo 1º de Segunda Federación, con 1 gol anotado.

Desta forma, o Fabril de Óscar Gilsanz vai collendo forma de cara a esta nova campaña en Segunda Federación coas fichaxes xa confirmadas de Aarón Sánchez, Jaime Garrido, Dylan Iglesias e Íker Vidal; e as renovacións de futbolistas como Álvaro Mardones, David Domínguez, Rubén Vilela, Carreira e Álex Pereira.