RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

ANOSACANTEIRA prepárase para un sábado de competición en Inglaterra, Grecia, Polonia, Cantabria, Ribadumia e Carballo

Esta tarde arrincou un novo e intensa fin de semana de torneos amigables en #ANOSACANTEIRA.

Así o Alevín A gañou os 3 partidos disputados hoxe na localidade grega de Katerini correspondentes á FootballMind Elite Youth Tournament.

Ademais, o Benxamín A (na foto inferior) e un equipo prebenxamín do Dépor, do que sairá o Fabril FC Benxamín da temporada que vén, iniciaron con triunfo o Trofeo San Bernabé en Cantabria. Este conxunto prebenxamín está formado por: Manuel Parada (procedente do CD Conxo Santiago), Fabio Álvarez (ADC A Piringalla), Saúl Gómez (Victoria CF), Xosé Varela (Corme CF), Hugo Cancela (ED Luis Calvo), Roma Valhermoso (AD Santiago de Foz), David Tardío (Atlético San Pedro), Tomás Sánchez (Ural Español CF), Ian Lata (Ural Español CF), Pablo Campanero (CD Conxo Santiago), Hugo Rey (CD Conxo Santiago) e Martín Castiñeira (Imperátor OAR). 

O Fabril FC Alevín sumou unha vitoria e unha derrota na primeira xornada do Trofeo Concello de Carballo nas Eiroas. A modalidade de competición é de liga todos contra todos. Os 4 primeiros clasificados disputarán as semifinais.

E tamén o Fabril FC Benxamín (na foto principal da noticia) clasificouse para a Fase Champions League da Steel Cup, torneo con sede na localidade polaca de Rzeszow.

Finalmente mañá sábado o San Tirso SD Cadete arrinca en Londres a Euyropaths International Cup; e o Infantil na Senra (Ribadumia) a Copa Ribadumia Clae Viaxes.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría cadete
Europaths International Cup en Londres
Primera Fase, en Middlesex Football Asociation
Sábado 15 de xuño
13:20: SAN TIRSO SD CADETE - BISCHAM FC
14:15: WHITE STAR ACADEMY FC PINK - SAN TIRSO SD CADETE
15:12: SAN TIRSO SD CADETE - AK7 FC
En función de clasificación os equipos pasarán logo a unha Segunda Fase

Categoría infantil
IV Copa Ribadumia Clae Viaxes, na Senra
Primera Fase
Sábado 15 de xuño
11:30: INFANTIL - EDC XINZO
13:30: INFANTIL - ATLÉTICO BARRANCO HONDO
18:00: INFANTIL - AYRON CLUB
21:30: INFANTIL - CD PARQUESOL
Os dous primeiros de grupo e os dous mellores terceiros dos 6 grupos pasan á Fase Final; mentres que os demais terceiros e o cuarto disputarán unha Copa de consolación

Categoría alevín
FootballMind Elite Youth Tournament en Katerini (Grecia)
Primera Fase
Venres 14 de xuño
ALEVÍN A 5 (David Gómez -3-, Rui Caamaño e Brais Martínez) - NIKI POLIGIOU 0
ALEVÍN A 5 (David Gómez, Martín López, Manu Sande, Iván Gil e Nacho Villanueva) - AO STAVRAKIOU 0
ALEVÍN A 2 (Manu Sande e David Gómez) - ETHNIKOS N. KERAMIDIOU 0

Sábado 15 de xuño
9:30: ALEVÍN A - NEAPOLI LARISSAS
11:00: ALEVÍN A - ALMOPOS ARIDAIAS
12:00: ALEVÍN A - BEBIDES 2000
O tres primeiros pasarán á Fase de Oro, o 4º e 5º á Fase de Plata; e o resto á Fase de Bronce

XIII Trofeo Concello de Carballo, nas Eiroas
Primera Fase
Venres 14 de xuño
FABRIL FC ALEVÍN 0 - RACING DE FERROL 1
CD LUGO 1 - FABRIL FC ALEVÍN 2 (Miguel Candal e Íker Fernández)

Sábado 15 de xuño
FABRIL FC ALEVÍN - SPORTING DE GIJÓN (campo 2)
11:50: PONTEVEDRA CF - FABRIL FC ALEVÍN (campo 2)
13:00: FABRIL FC ALEVÍN - ATHLETIC CLUB (campo 2)
16:35: RC CELTA - FABRIL - FC ALEVÍN (campo 1)
18:20: ESCOLAS LUÍS CALVO - FABRIL FC ALEVÍN (campo 1)
19:30: FABRIL FC ALEVÍN - BERTAMIRÁNS FC (campo 1)

Domingo 16 de xuño
9:30: SD COMPOSTELA - FABRIL FC ALEVÍN (campo 2)
O catro primeiros pasan a semifinais, que se xogan a partir das 11:30 horas

Categoría benxamín
Trofeo San Bernabé 2024
Primera Fase, en Tama
Venres 14 de xuño
BENXAMÍN A 2 (Alberto Novo e Mateo Songo'o) - YOUNG PROMISES 1

Sábado 15 de xuño
11:20: BENXAMÍN A - BATASUNA (campo 1)
13:20: BENXAMÍN A - VAL LEBÁNIEGO (campo 1)
15:40: BENXAMÍN A - BASKAURI (campo 2)
18:20: BENXAMÍN A - AMAYA (campo 2)
Os dous primeiros e os 8 mellores terceiros pasarán á Fase Oro; o resto de terceiros, o 4º e o 5º pasarán á Fase Plata; e o resto á Fase de Bronce

Steel Cup en Rzeszow (Polonia)
Primera Fase
Venres 14 de xuño
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Brais Iglesias) - POGON SZCZECIN ACADEMY 0
FABRIL FC BENXAMÍN 7 (César Leira -3-, Martín Coronel -3- e Brais Iglesias) - FA BENFICA ATEITIS WILNO 0
FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Brais Iglesias -2-, César Leira e Manuel Muiños) - STAL RZESZOW 3

Sábado 15 de xuño
Fase Champions League
9:40: FABRIL FC BENXAMÍN - RSC ANDERLECHT
10:20: DELTA WARSZAWA - FABRIL FC BENXAMÍN
11:20: FABRIL FC BENXAMÍN - HUTNIK KRAKOW
12:00: ZAGLEBIE LUBIN - FABRIL FC BENXAMÍN

Categoría prebenxamín
Trofeo San Bernabé, en Torrelavega
Primera Fase, en Tama
Venres 14 de xuño
DEPORTIVO 3 (Ian Lata, Tomás Sánchez e Xosé Varela) - YOUNG PROMISES 1

Sábado 15 de xuño
10:40: DEPORTIVO - AYRON (campo 2)
12:40: OVIEDO - DEPORTIVO (campo 1)
15:40: DEPORTIVO - VALLE LEBÁNIEGO (campo 1)
17:40: DEPORTIVO - PEÑA REVILLA (campo 2)
Os dous primeiros xogan a Fase Oro; o 3º e o 4º a Fase Plata e o resto xogará unha Fase Bronce