Arnau Campeny e Borja Galán apontoan a zaga e a dianteira fabrilista
O Fabril apontoa o seu persoal con dous novos futbolistas: Arnau Campeny e Borja Galán.
Arnau Campeny Gorchs (Barcelona, 2 de xaneiro de 1997) é defensa central, formado nas categorías inferiores do FC Barcelona. Firma para as próximas dúas tempadas.
O dianteiro Borja Galán González (Madrid, 26 de abril de 1993) formouse como xogador na canteira do Atlético de Madrid. A pasada campaña militou no Xetafe B, onde xogou 36 partidos e anotou 8 goles. Chega por unha tempada con opción a ampliación.
Tanto Arnau como Borja Galán únense a un persoal xa formado por estes xogadores: Anxo, David Gómez, Naveira, Lucas, Hugo Díaz, Quique Fornos, Blas, Edu, Pol Calvet, Alex Corredera, Hugo Rama, Alberto Leira, Óscar Pinchi, Jardel, Pedro, Borja Domingo, Bamba, Anxo, Jorge Carreón, Pancho, Marcos Legaz, Alex Cobo e Manú.
Deles, Pol Calvet e Óscar Pinchi están a realizar a pretemporada co primeiro equipo.