RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

As Nosas volven ao traballo o martes 2 de abril nunha semana sen liga

Finalizado o encontro ante a CE Europa en ABANCA-RIAZOR, As Nosas descansan mañá luns.

Irene Ferreras citou aos seus futbolistas de novo o martes 2 de abril ás 9:00 no ximnasio de Abegondo para saltar ao céspede a partir das 10:00 horas.

A próxima semana non hai competición en Primera Federación Iberdrola. O seguinte rival do Deportivo ABANCA será o sábado 13 de abril ás 18:45 no campo 8 de Lezama ante o Athletic Club B.