As persoas socias do RC Deportivo que desexen asistir aos partidos da LXXIX edición do Trofeo Teresa Herrera masculino e da XII edición feminina deberán retirar a súa invitación en https://bancada.rcdeportivo.es/ para cada un dos dous días.
Cada persoa socia, con preferencia até o luns 5 de agosto ás 23:59 horas, terá que retirar a súa entrada correspondente á súa bancada de abonado, que non ten por que corresponderse co seu asento do resto da temporada.
Para iso debe acceder co seu IDE de socio e o seu pin, que está formada polos 4 últimos díxitos do seu DNI. A partir de aí seleccionar asento e retirar a súa entrada gratuíta.
Ademais, no transcurso do torneo, no momento no que o afeccionado salga de ABANCA-RIAZOR xa non poderá volver entrar ao estadio.
As entradas para público xeral, cuxos prezos serán comunicados nos próximos días, sairán á venda a partir do martes 6 de agosto.
Formato cuadrangular no apartado masculino
Dépor, Real Oviedo, CD Leganés e Unionistas de Salamanca CF no apartado masculino; e Dépor ABANCA e Athletic Club no feminino conforman o cartel.
O Trofeo Teresa Herrera masculino recupera o formato cuadrángular após o último precedente con este sistema en 2014.
O Deportivo, que tradicionalmente aproveita o decano dos torneos estivais como posta de longo ante #ANOSAFORZA, enfrontarase ao Unionistas de Salamanca CF na segunda semifinal, o venres 9 de agosto, ás 20:30 horas.
CD Leganés e Real Oviedo disputarán a primeira das semifinais tamén o venres 9 de agosto, a partir das 18:30 horas.
O sábado 10 de agosto, está previsto un intenso programa en ABANCA-RIAZOR.
A xornada comezará pola mañá, ás 10:30, coas finais do XXVIII Mini Teresa Herrera das categorías Benxamín e Prebenxamín.
A XII edición feminina do Trofeo Teresa Herrera protagonizarana o Dépor ABANCA e outro histórico do fútbol feminino nacional, o Athletic Club. As branquivermellas gañaron as edicións de 2017 e 2018 nas que se impuxeron pola mínima a #ASNOSAS (1-0). A final será o sábado 10 de agosto ás 18:30 horas.
A xornada completarana o partido polo 3º e 4º postos cos perdedores das semifinais masculinas (16:00 horas) e a gran final masculina entre os vencedores das 'semis' (21:00 horas).
O Dépor é o rei do Teresa Herrera masculino cun total de 25 trofeos nas vitrinas por 9 do segundo clasificado, o Real Madrid CF.
En categoría feminina, o Dépor ABANCA posúe 3 trofeos ademais de 1 conquistado polo Deportivo ABANCA B na edición de 2020.
A organización do Teresa Herrera forma parte do acordo de colaboración entre o Concello e o Club. O trofeo é o torneo de fútbol amigable con carácter anual máis lonxevo do mundo.