Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, con 2 partidos o sábado na Coruña e co Dépor ABANCA B en Abegondo o domingo ás 17:00
O encontro do Dépor ABANCA B ante o Bergantiños CF, o domingo 10 de novembro ás 17:00 en Abegondo, é o partido máis destacado en ANOSACANTEIRA.
O filial marcha 2º na táboa da Tercera Federación con 21 puntos por 24 do líder, o Olímpico de León.
Ese mesmo domingo na Torre, o Orzán SD Sub-21 recibe ao Atlético Arousana (18:00) e o Orzán SD Xuvenil á SD Tordoia (20:00 horas).
Completa a xornada dominical (12:15) o choque do Orzán SD Infantil B no campo Víctor Fernández Alonso (antiga Leyma) correspondente á Liga Galega ante o CF Batallador SD.
A xornada da fin de semana ábrena o sábado 9 dous partidos: o Orzán SD Cadete ante a SCD Pastoriza (20:00 en San Pedro de Visma 1) e o do Orzán SD Infantil A ante o Silva SD (16:00 en Eirís).
ANOSACANTEIRA celebra o subcampeonato do mundo sub-17 conquistado por Elena Vázquez, xa de regreso á Coruña; así como as convocatorias de Antía Veiga para uns adestramentos coa selección española sub-16 e de Claudia Sande para un Torneo Desarrollo UEFA coa sub-15.
Ademais, as orzanistas Claudia Sande, Daniela Macedo, Martina Santamarina e Sofía Rodríguez participaron onte mércores nuns adestramentos coa selección galega sub-16 no Novo Municipal da Estrada.
O calendario de partidos é o seguinte:
Tercera Federación 10ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - BERGANTIÑOS CF, o domingo 10 de novembro ás 17:00 en Abegondo Clasificación: 1. Olímpico de León, 24 puntos; 2. Deportivo ABANCA B, 21 puntos; 3. RC Celta, 20 puntos... 14. Bergantiños CF, 3 puntos...
Primera Autonómica 9ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - ATLÉTICO AROUSANA, o domingo 10 de novembro ás 18:00 na Torre (campo 2) Clasificación: 1. Orzán SD Sub-21, 22 puntos; 2. RC Celta B, 21 puntos... 14. Atlético Arousana, 6 puntos...
Segunda Autonómica 9ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - SD TORDOIA, o domingo 10 de novembro ás 20:00 na Torre (campo 2) Clasificación: 1. SCD Pastoriza, 20 puntos; 2. UD Carral e SD Tordoia, 19 puntos; 4. Orzán SD Xuvenil e Xallas FC, 17 puntos...
Categoría cadete 6ª xornada: ORZÁN SD CADETE - SCD PASTORIZA, o sábado 9 de novembro ás 20:00 en San Pedro de Visma (campo 1) Clasificación da Liga Galega: 1. Racing de Ferrol, 15 puntos; 2. Victoria CF e Orzán SD Xuvenil, 12 puntos; 4. CD Narón, 10 puntos... 10. SCD Pastoriza, 1 punto...
Categoría infantil 6ª xornada: SILVA SD - ORZÁN SD INFANTIL A, o sábado 9 de novembro ás 16:00 no campo de Eirís (A Coruña) 6ª xornada: CF BATALLADOR SD - ORZÁN SD INFANTIL B, o domingo 10 de novembro ás 12:15 no campo Víctor Fernández Alonso (Leyma) Clasificación da Liga Galega: 1. Victoria CF e Orzán SD Infantil A, 15 puntos; 3. SCD Milagrosa, 12 puntos; 4. Orzán SD Infantil B, 9 puntos; 5. CD As Pontes, 7 puntos... 8. CF Batallador SD e Silva SD, 3 puntos...