RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Carga táctica para Os Nosos encamiñada xa ao segundo amigable da DéporXira Auga de Parada

Imanol Idiakez comeza a introducir carga táctica xa de cara ao segundo amigable da DéporXira Auga de Parada, este sábado 27 de xullo ás 20:00 no Estadio de Pasarón (YouTube RC Deportivo).

Así, o técnico deportivista, após unha activación, dispuxo un exercicio na sesión deste xoves 25 de xullo en Abegondo orientado ao choque ante o Pontevedra CF.

Unha tarefa de finalizacións completou o traballo sobre o céspede nunha asollada mañá.

Raúl Alcaina, Petxarromán e Mario Soriano estiveron hoxe con traballo personalizado supervisado polo readaptador, Fernando Rodríguez.

Así mesmo, Rubén López, Pablo García e Kevin Sánchez foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Este venres 26 de xullo Os Nosos adestraranse de novo na Cidade Deportiva ás 10:30, con almorzo previo para o cadro a partir das 8:30.