Quixese antes de nada dar as grazas públicamente ao Presidente Lendoiro que hoxe quixo estar aquí comigo, a todo o persoal do Club, a Miguel Ángel Lotina e a todos os técnicos, que tiveron tantisima paciencia comigo, os m&eacut
Grazas a vós, os medios de comunicación, por estar aquí comigo neste día e por todo o voso apoio e solidariedade nos momentos bos e nos malos, que tamén os houbo, e non moi afastados. Pedir perdón por non atender a todos esta semana, pido que me entendan, que foi unha semana difícil. E sobre todo grazas á afección, a todas as penas deportivistas, tamén por suposto grazas á miña pena, por tantas mostras de agarimo recibidas durante todos e cada un dos días que pasei na Coruña.
Presentóuseme esta oportunidade moi boa para min e tamén moi boa para o Deportivo, e todos saíron gañando con todo ésto. O Deportivo e a cidade da Coruña ocupan xa un lugar no meu corazón. Pero que saibades que ides cansar de verme cando me retire, porque vivirei aquí, e ojala poida volver formar parte do Depor dalgunha forma no futuro. Alá onde estea serei un deportivista mais.