RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Copa en Vilalonga e liga en Madrid para As Nosas das que Irene Ferreras sente "orgullosa"

O Dépor ABANCA encara desde este luns unha dura semana de competición con Copa de la Reina en Sanxenxo e liga en Alcalá de Henares (Madrid).

As Nosas visitarán ao Atlético Villalonga FF na primeira rolda copeira este mércores 11 de setembro ás 20:00 horas no campo Novo San Pedro.

A fin de semana toca outro óso duro posto que as branquiazuis mediranse ao Atlético de Madrid o domingo 15 de setembro ás 16:00 (Dazn) na Cidade Deportiva Wanda Alcalá de Henares con motivo da 2ª xornada na liga F.

Entre eles haberá 5 sesións de traballo matinais en Abegondo, con ximnasio e vídeo previo cada día antes de saltar ao céspede.

Despois do regreso á máxima categoría do fútbol feminino nacional onte domingo ante o FC Barcelona en ABANCA-RIAZOR, "teremos que mellorar cousas como en calquera partido de fútbol pero estou moi orgullosa delas", afirmou Irene Ferreras na sala de prensa en relación aos seus futbolistas.

A preparadora deportivista explica que ante o campión de Europa e de liga "enfocamos o partido a ir xestionando espazos de tempo curtos e aos poucos ir sumando minutos. Fixérono á perfección. Non lles podo pedir nada".

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 9 de setembro
11:00 h.

Martes 10 de setembro
11:00 h.

Mércores 11 de setembro
20:00: Atlético Villalonga FF - Deportivo ABANCA, no Novo San Pedro (Vilalonga)

Xoves 12 de setembro
11:00 h.

Venres 13 de setembro
11:00 h.

Sábado 14 de setembro
11:00 h.

Domingo 15 de setembro
16:00: Atlético de Madrid - Deportivo ABANCA, na Cidade Deportiva Wanda Alcalá de Henares

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK