David Mella certificou o pase ás semifinais do Campionato de Europa sub-19 e ao cabo ao Mundial sub-20 esta tarde ante Francia na 3ª e última xornada da Primera Fase.
Os españois, co futbolista branquiazul no once inicial, empataron (2-2) un emocionante partido. Mella foi relevado no minuto 68 por Assane Diao e minutos antes foi o autor da asistencia a Dani Rodríguez que supuña o 1-1 provisional.
Desta forma, os franceses acaban líderes do grupo B con 7 puntos mentres que España accede ás semifinais como 2ª con 5.
Este xoves 25 de xullo o rival da selección española sub-19 por un posto na final será Italia, campioa do grupo A.
O pasado venres, España empatou (1-1) con Turquía nun partido no que o canteirán branquiazul arrincou no banco e saltou ao céspede na segunda metade en substitución de Jesús Rodríguez.
No debut na competición o pasado martes 16, os españois derrotaron (1-2) a Dinamarca grazas a un gol de Íker Bravo na recta final, ademais xusto despois de que a selección quedouse con 10 futbolistas debido á expulsión de Rayane. Mella saíu no once inicial e foi relevado no minuto 67 por Jesús Rodríguez.
O calendario de partidos de España, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Martes 16 de xullo DINAMARCA 1 - ESPAÑA 2
Venres 19 de xullo TURQUÍA 1 - ESPAÑA 1
Luns 22 de xullo ESPAÑA 2 - FRANCIA 2
Xoves 25 de xullo Semifinal ITALIA - ESPAÑA (hora pendente de confirmación)