David Mella enfróntase mañá a Turquía na 2ª xornada da Fase Final do Campionato de Europa sub-19 que se celebra en Irlanda do Norte.
O encontro arrincará ás 19:00 en Seaview (Belfast).
No debut na competición o pasado martes, os españois derrotaron (1-2) a Dinamarca grazas a un gol de Íker Bravo na recta final, ademais xusto despois de que a selección quedouse con 10 futbolistas debido á expulsión de Rayane. O canteirán deportivista saíu no once inicial e foi relevado no minuto 67 por Jesús Rodríguez.
O calendario de partidos de España, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Martes 16 de xullo DINAMARCA 1 - ESPAÑA 2
Venres 19 de xullo 19:00: TURQUÍA - ESPAÑA, en Seaview (Belfast)
Luns 22 de xullo 19:00: ESPAÑA - FRANCIA, en Iver Park (Lane)
Os dous primeiros de grupo pasarán a semifinais, que se celebrarán o 25 de xullo antes da final, prevista para o domingo 28 de xullo no National Football Stadium de Belfast.