Designacións arbitrais para os partidos do Trofeo Teresa Herrera
Alberto Gómez Lameiro será o encargado de dirixir o partido deste venres 9 de agosto ás 20:30 en ABANCA-RIAZOR (YouTube RC Deportivo) entre o Deportivo e o Unionistas de Salamanca CF, correspondente á segunda semifinal da LXXIX edición do Trofeo Teresa Herrera.
Alejandro Muñiz Ruiz arbitrará a primeira semifinal entre o CD Leganés e o Real Oviedo tamén mañá venres 9 de agosto pero ás 18:30 horas.
Pola súa banda, Zulema González González será a colexiada da final da XII edición feminina entre o Deportivo ABANCA e o Athletic Club do sábado 10 de agosto ás 18:30 (YouTube RC Deportivo).
Na xornada final da edición masculina, Jesús López Hernández será o árbitro do terceiro e cuarto posto; e Miguel González Díaz, o da gran final.
Todos eles, salvo o da final que é asturiano, pertencen ao colexio galego.