RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
TERESA HERRERA

Os campións de Europa David Mella e Marina Artero reciben o agarimo de ANOSAFORZA

Nos prolegómenos da segunda semifinal masculina do Trofeo Teresa Herrera entre o Deportivo e o Unionistas de Salamanca, ABANCA-RIAZOR rendeu unha cariñosa homenaxe aos campións de Europa sub-19 David Mella e Marina Artero.

Entre os aplausos de ANOSAFORZA, ambos os futbolistas saltaron ao céspede coa sua medalla colgada ao pescozo e ataviados coa camiseta do equipo nacional; e recibiron das mans dos conselleiros do RC Deportivo Carlos Ballesta e Vicente Fernández unha camiseta branquiazul conmemorativa coa inscrición nas costas 'campión de Europa' e 'campioa de Europa'.

David Mella, que se incorporou esta semana aos adestramentos, puido disputar xa uns minutos de xogo ante o equipo salmantino na semifinal do Trofeo Teresa Herrera masculino; e Marina Artero entrou na convocatoria de Irene Ferreras para a final feminina ante o Athletic Club deste sábado 10 de agosto ás 18:30 horas (YouTube RC Deportivo).