RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
TERESA HERRERA

Victoria CF en benxamín e Ural Español CF en prebenxamín, campións do Trofeo Mini Teresa Herrera

Como é tradicional, as finais do Trofeo Mini Teresa Herrera serviron de prolegómeno dunha intensa xornada en ABANCA-RIAZOR vespertina co partido polo terceiro e cuarto posto (16:00) e a gran final da LXXIX edición masculina (21:00); e a final da XII edición feminina (18:30).

En categoría benxamín, o Victoria CF impúxose ao Fabril FC Benxamín (1-3) na metade do campo de Pavillón.

Mentres que o Ural Español CF venceu (2-1) ao Victoria CF na final prebenxamín na metade do campo de Marathón.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK