RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Dez partidos mañá sábado en ANOSACANTEIRA, cun test do Fabril en Aranda de Duero

Dez partidos con representación deportivista xóganse mañá sábado 3 de febreiro.

Destaca o partido do Fabril, que visita o campo do pechacancelas de Segunda Federación, a Arandina CF.

O filial chega ao choque após a sensación agridoce do empate (2-2) do pasado domingo en Abegondo ante o Marino de Luanco.

Os últimos días de mercado deixaron a subida definitiva de Iano Simão e Mella ao primeiro equipo e a chegada de Álvaro Baladía 'Bala' ao carril zurdo do filial.

Hai unhas semanas reforzaron ao equipo de Óscar Gilsanz Álex Alfaro e o dianteiro Jorge. A maiores, Quique Teijo e Álvaro Santamaría fóronse cedidos; e Iñaki saíu do Club.

Ademais do Fabril FC Alevín e os dous equipos benxamíns na Torre, xogan en casa o Orzán SD Cadete Femenino (ás 16:00 na Torre ante o SCD Milagrosa) e o San Tirso SD Cadete (ás 11:00 en Abegondo ante o Victoria CF).

Fóra de casa, co Fabril, o Orzán SD Infantil B Femenino visita ao Sporting Burgo (10:00 en Culleredo), o Cadete ao Coruxo FC (11:00 en Vigo), o Infantil ao EF Portero 2000 (18:00 en Pontevedra) e o San Tirso SD Infantil ao RC Celta (16:00 na Madroa).

O domingo, o Deportivo ABANCA B mídese ao CD Lugo (15:00, A Cheda) despois do triunfo da pasada fin de semana en Abegondo ante o Umia CF.

Na División de Honra xuvenil, o Dépor, 2º, vese as caras (12:45) en Santa Cruz de Bezana co líder Real Racing Club. Catro puntos separan na táboa a ambos os equipos.

En casa xogan o Orzán SD Xuvenil Femenino (12:00 na Torre ante o Victoria CF), Orzán SD B sub-16 Femenino (16:00 na Torre ante o UD Santiso FC) e Xuvenil B (12:00 en Abegondo ante o Pabellón Ourense CF).

Completan a xornada o partido do Orzán SD Infantil A Femenino en Pastoriza (12:00) e o do Alevín A na Torre (9.30) ante o CF Deportivo Orzán.

Dous equipos abriron o pasado mércores 31 de xaneiro o calendario de partidos.

Así, o Xuvenil B, líder da Liga Nacional, enfrontouse en Abegondo nun amigable á selección galega sub-16, que prepara a Fase de Plata do Campionato de España por autonomías de 9 ao 11 de febreiro en Cádiz.

O resultado, que é o de menos, favoreceu ao combinado galego (1-5) nun bo test para o equipo branquiazul que dirixe Miguel Figueira.

O outro equipo de #ANOSACANTEIRA con encontro foi o Fabril FC Benxamín, que venceu (0-4) ao Sporting Cambre no campo Dani Mallo de Cambre en partido correspondente á 12ª xornada no subgrupo 2º de Primera A Coruña de fútbol 8 disputada na súa totalidade a pasada fin de semana.

Os fabrilistas, con 36 puntos, son líderes destacados do seu grupo.

Nos días iniciais de semana un total de 28 canteiráns participan nos adestramentos das diferentes seleccións galegas de base:

-Rodrigo, Íker Fernández, Nico Ruiz, Miguel de Labra e Pablo García do Cadete; aos que se uniron Mauro e Samba do San Tirso SD Cadete xogaron o mércores con Galicia ante o Xuvenil B.

-O pasado luns 29 de xaneiro a quenda de traballo foi para a selección galega sub-14 no campo da Braña, en Rois; no que participaron os canteiráns seguintes: Lucas López, Eder Vilas, Nico Naveiras, Raúl Lema, Roi Castro e Sergio Cortizo, do Infantil branquiazul; e Antón Vilariño e Hugo Ferreiros, do San Tirso SD Infantil.

-E tamén se adestrou a selección galega sub-12, o luns en Rois, con Hugo Macedo, Nacho Villanueva, Iván Gil e Rui Caamaño, do Alevín A, convocados.

-O pasado mércores, Emma Gandoy, Laura Santos, Noelia Mayo, Ana Capelo, Lucía Rivas, Macarena González e Sara Cercido adestráronse coa selección galega sub-17 no campo da Braña, en Rois.

-E finalmente as orzanistas Claudia Sande e Daniela Macedo estiveron convocadas pola selección galega sub-15 nun adestramento tamén o mércores no campo da Braña de Rois.

A maiores, a gardameta orzanista Antía Veiga adestrouse estes días coa selección española sub-16 en Las Rozas (Madrid). Xogou 30 minutos nun amigable ante o Madrid CFF B de Primera Federación Iberdrola.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
18ª xornada: CD LUGO - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 4 de febreiro ás 15:00 na Cheda
Clasificación da Tercera Federación FutFem: 1. Real Avilés CF, 47 puntos; 2. Deportivo ABANCA B, 35 puntos; 3. Olímpico de León, 34 puntos; 4. Sárdoma CF, PM Friol e Lóstrego CF B, 31 puntos... 13. CD Lugo, 14 puntos...

18ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO - VICTORIA FC B, o domingo 4 de febreiro ás 12:00 na Torre (campo 2)
Clasificación da Primera Autonómica: 1. Bergantiños CF, 35 puntos; 2. SD O Val, Orzán SD Xuvenil Femenino e Lóstrego CF B, 34 puntos; 5. Atlético Arousana, 30 puntos... 14. Victoria FC B, 15 puntos...

18ª xornada: ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO - UD SANTISO FC, o domingo 4 de febreiro ás 16:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: ... 10. UC Cee, 24 puntos; 11. Orzán SD B sub-16 Femenino, Silva SD e Cultural Maniños, 18 puntos; 14. UD Santiso FC, 14 puntos...

18ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMENINO - SCD MILAGROSA, mañá sábado 3 de febreiro ás 16:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete Femenino, 48 puntos; 2. Victoria CF, 45 puntos... 10. SCD Milagrosa, 17 puntos...

18ª xornada: SCD PASTORIZA - ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO, o domingo 4 de febreiro ás 12:00 no Municipal de Pastoriza (Pastoriza, Arteixo)
18ª xornada: SPORTING BURGO - ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO, mañá sábado 3 de febreiro ás 10:00 no campo da Lavandeira (Culleredo)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Infantil A Femenino, 44 puntos; 2. Victoria CF (un partido menos), 43 puntos; 3. Racing de Ferrol (un partido menos), 37 puntos; 4. SCD Pastoriza, 36 puntos... 11. Sporting Burgo, 13 puntos...

Segunda Federación
21ª xornada: ARANDINA CF - FABRIL, mañá sábado 3 de febreiro ás 17:00 no Municipal O Montecillo (Aranda de Duero, Burgos)
Clasificación: ... 10. Real Avilés Industrial e Racing Villalbés, 25 puntos; 12. Marino de Luanco e Fabril, 23 puntos; 14. CD Cayón e RS Gimnástica de Torrelavega, 20 puntos... 18. Arandina CF, 12 puntos

Categoría xuvenil
19ª xornada: REAL RACING CLUB - XUVENIL A, o domingo 4 de febreiro ás 12:45 no Municipal de Bezana (Santa Cruz de Bezana, Cantabria)
Clasificación da División de Honra: 1. Real Racing Club, 43 puntos; 2. Xuvenil A e Real Oviedo, 39 puntos; 4. RC Celta, 37 puntos; 5. SD Compostela, 28 puntos...

Amigable (hoxe): XUVENIL B 1 (Daniel) - SELECCIÓN GALEGA SUB-16 5
21ª xornada: XUVENIL B - PABELLÓN OURENSE CF, o domingo 4 de febreiro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 52 puntos; 2. RC Celta B, 48 puntos... 13. Pabellón Ourense CF, 20 puntos...

Categoría cadete
19ª xornada: CORUXO FC - CADETE, mañá sábado 3 de febreiro ás 12:45 no campo de Fragoselo (Coruxo, Vigo)
19ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - VICTORIA CF, mañá sábado 3 de febreiro ás 11:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 52 puntos; 2. RC Celta, 46 puntos... 10. Coruxo FC, 24 puntos; 11. CD Areosa, 20 puntos; 12. San Tirso SD Cadete e Pabellón Ourense CF, 19 puntos; 14. Rápido de Bouzas, 18 puntos; 15. UD Ourense, 14 puntos... 17. Victoria CF, 11 puntos...

Categoría infantil
17ª xornada: EF PORTERO 2000 - INFANTIL, mañá sábado 3 de febreiro ás 18:00 no campo Manolo Barreiro 2 (Pontevedra)
17ª xornada: RC CELTA - SAN TIRSO SD INFANTIL, mañá sábado 3 de febreiro ás 16:00 na Madroa (campo 2)
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 48 puntos; 2. RC Celta, 43 puntos... 8. San Tirso SD Infantil, 22 puntos... 16. EF Portero 2000, 6 puntos

Categoría alevín
13ª xornada: CF DEPORTIVO ORZÁN - ALEVÍN A, o domingo 4 de febreiro ás 9:30 na Torre (campo 4)
13ª xornada: ORILLAMAR SD - FABRIL FC ALEVÍN, mañá sábado 3 de febreiro ás 10:00 na Torre (campo 2.1)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Alevín A, 36 puntos; 2. Fabril FC Alevín, 31 puntos... 7. Orillamar SD, 13 puntos; 8. Silva SD e CF Deportivo Orzán, 7 puntos...

Categoría benxamín
13ª xornada: BENXAMÍN A - CD CALASANZ, mañá sabádo 3 de febreiro ás 9:00 na Torre (campo 2.2)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Benxamín A (un partido menos) e Victoria CF, 30 puntos; 3. Ural Español CF, 24 puntos... 5. CD Calasanz, 13 puntos...

12ª xornada (hoxe): SPORTING CAMBRE 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Pablo Couso -2-, Leo Galván e Nico Castro)
13ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - SANTA CRUZ CF, mañá sábado 3 de febreiro ás 18:30 na Torre (campo 3.1)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 2º: 1. Fabril FC Benxamín, 36 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz, 27 puntos... 6. Santa Cruz CF, 18 puntos...