RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Día grande para o Dépor ABANCA, que repite en ABANCA-RIAZOR ante o Deportivo Alavés Gloriosas

Semana de festa no Dépor ABANCA, empolicado despois da vitoria do pasado domingo en Cáceres (0-2) no liderado da Primera Federación Iberdrola con 18 puntos, por 16 do Alhama CF e do RCD Espanyol, ambos con 16.

As Nosas reciben mañá domingo 12 de novembro no Estadio ABANCA-RIAZOR ao Deportivo Alavés Gloriosas (17:00 horas, Youtube RC Deportivo), en choque correspondente á 8ª xornada.

As deportivistas xogarán por décimo terceira vez no estadio. Será o sexto partido oficial despois de xogar na Copa de la Reina 2019-20 ante a Valencia CF (7-2); na máxima categoría nacional 2020-21 fronte ao Sevilla FC (1-2) e Atlético de Madrid (1-8); e na segunda división 2021-22 ante o DUX Logroño (0-0) e no playout dese mesmo curso contra a Real Unión de Tenerife (3-1). Os outros 7 encontros corresponden ao Trofeo Teresa Herrera, que as branquiazuis venceron en 3 ocasións, precisamente a última ante o Deportivo Alavés Gloriosas, resolto por 2-0 no pasado mes de agosto.

Durante toda a semana, as futbolistas branquiazuis visitaron varios colexios da cidade como o Hogar de Santa Margarita; o CEIP Víctor López Seoane, neste último caso acompañadas tamén pola alcaldesa da Coruña Inés Rey; ou ao CEIP María Pita para animar á mocidade coruñesa a asistir ao partido.

Irene Ferreras comentou que "elas están moi sensibilizadas con que toca facer este tipo de cousas. Nós imos por detrás, é así e temos que facer un extra de todo tipo de actos para tentar visibilizarnos. Neste sentido o Club está a axudarnos moito para abrirnos a vía de colexios, de poder chegar a moita xente na radio... É unha boa semana para que a xente se anime. É súper importante para nós non só por polos 3 puntos, senón polo que significa para o fútbol feminino da cidade. Imos tentar estar á altura para que a xente se vaia contenta, que aqueles que non nos coñezan sentan orgullosos de ver ao seu equipo feminino competir así no campo".

Cualificou o estadio como "un escenario idílico para tentar manter a boa dinámica do equipo. As xogadoras e o staff estamos moi contentos e agradecidos por poder xogar en ABANCA-RIAZOR. Imos tentar aproveitalo non só para gañar o partido, que é o primeiro obxectivo, senón tamén para dar unha boa imaxe, para que toda esa xente que se anime por primeira vez a vir vernos lle xenere algo por dentro e queira seguir vindo apoiarnos, que para nós é súper importante. E dar unha alegría #ANOSAFORZA, que o merece".

Desexa ademais que "as futbolistas o poidan gozar. Pasaron por moitos momentos da súa vida en escenarios non tan bonitos. Poder vivir isto é un privilexio", conclúe.

Un dos capitáns do equipo masculino, Diego Villares, subliñou esta semana que "é bonito que o equipo feminino poida xogar en ABANCA-RIAZOR partidos. Unha afección como a do Dépor vai saber apoialas como se merecen".

A adestradora branquiazul ten ao seu cadro ao completo: "Seguimos con moita sorte nese sentido. Temos a todas as xogadoras dispoñibles. Esta semana máis se cabe apertando moito porque todas queiran vivir esa experiencia desde dentro", comenta. 

Pola súa banda, o Deportivo Alavés Gloriosas, recentemente descendido da liga F, preséntase na Coruña após derrotar no seu campo ao DUX Logroño (4-2) a pasada fin de semana. 

Con este resultado, as vitorianas son novenas na clasificación con 8 puntos.

Lonxe da súa afección, o Deportivo Alavés Gloriosas caeu co Atlético de Madrid B (2-0) e FC Barcelona B (2-0); e empatou co Athletic Club B (0-0).

Ademais, o pasado mércores as vascas clasificáronse para oitavos de final da Copa de la Reina após derrotar por penaltis (2-4) ao Cacereño Feminino. Ao final do tempo regulamentario e da prórroga chegouse con empate (1-1).

Andrea Esteban, a súa adestradora, afirmou en rolda de prensa que "o que fixo o equipo nos dous últimos partidos (ante DUX en liga e Cacereño en Copa) é de admirar sobre todo por esa mentalidade, por ese saber competir en rexistros nos que antes nos custou e por como traballou o equipo, moi comprometidas, moi sacrificadas, con esa mentalidade todo terreo".

Así pois, cre que o seu equipo deu "un paso adiante a nivel de competitividade, que era o que buscabamos".

Do Dépor ABANCA, opina que "está a facer as cousas moi ben. Vén o ano pasado de rozar o ascenso coas mans e que empezou como esperabamos. Cando tes unha segunda temporada, iso nótase".

Finalizado o partido, As Nosas adestraranse de novo o luns 13 de novembro ás 10:00 en Abegondo.

Entradas dispoñibles para #ANOSAFORZA até o descanso do partido

O Club mantén activo o protocolo de acceso ao Estadio ABANCA-RIAZOR para #ANOSAFORZA.

A entrada é obrigatoria xa que non se poderá acceder co carné de socio, seguindo un protocolo similar ao dos partidos na Cidade Deportiva de Abegondo.

Os abonados que desexen asistir ao encontro teñen até mañá para sacar de forma gratuíta a súa entrada a través da web bancada.rcdeportivo.es, onde poderán escoller asento xa que non terán asignado o seu.

Os socios e socias deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada. Con eses mesmos datos doutras acodes socias, unha única persoa pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión, até un máximo de 6 por operación, e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Presentando o DNI ou o abono, os socios e socias tamén poderán retirar a entrada nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes mañá domingo desde as 15:00 horas até o descanso do encontro.

Para o público, as entradas terán un prezo de 5 euros, que se doarán integramente á Asociación Española Contra o Cancro (AECC), que ademais porá huchas por todo o estadio. 

As entradas poderán adquirirse até o descanso do partido a través de bancada.rcdeportivo.es; así como nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes desde as 15:00 horas até o descanso.

Abrirase todo o anel inferior do Estadio ABANCA-RIAZOR, con estas portas asignadas:

-Tribuna (avenida Manuel Murguía): portas 2, 3, 27 e 28
-Preferencia (avenida da Habana): 14 e 19-20
-Maratón (zona de Casa del Agua): 6, 9 e 11
-Pavillón (zona do Palacio dos Deportes): 22 e 24

En caso de ser necesario, habilitaranse máis portas de acceso.

Finalizado o choque, o As Nosas adestraranse de novo o luns 13 ás 10:00 en Abegondo.