RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Elena Vázquez e España vencen a Inglaterra en semifinais e mediranse mañá domingo na final do Mundial sub-17 a Corea del Norte

-Foto:@SEFutbolFem

 

Elena Vázquez (na foto o dorsal número 3) representa ao Deportivo ABANCA no Campionato do Mundo sub-17 que se celebra na República Dominicana.

España clasificouse para a gran final ao derrotar (3-0) a Inglaterra en semifinais esta pasada noite.

A canteirá deportivista participou nos últimos minutos do encontro ao relevar a Alba Cerrato, unha das goleadoras.

O rival agora na gran final será Corea do Norte, mañá domingo 3 de novembro ás 23:00 (hora galega) no Estadio Olímpico Félix Sánchez de Santo Domingo. O encontro será retransmitido por Teledeporte e RTVE Play.

España clasificouse para as semifinais o pasado domingo ao golear (5-0) a Ecuador, segundo clasificado do grupo A. 

A canteirá non tivo minutos nesta ocasión.

Elena Vázquez, que saíu no once inicial, concluíu o martes 22 de outubro a Primera Fase con vitoria ante Colombia (1-2) para confirmar o seu billete para a Fase Final. 

A xogadora do Dépor foi substituída no minuto 57 por Aiara nun choque que se decidiu para as españolas cun gol de Irish no minuto 90.

A segunda cita no torneo para España foi o sábado 19 ante a República de Corea.

Venceron as españolas con claridade (5-0) nun partido no que se produciu o debut de Elena Vázquez no torneo debido a que no minuto 72 substituíu a Amaya García.

No primeiro encontro, a selección impúxose (3-1) a Estados Unidos. Nesta ocasión a futbolista do Dépor ABANCA seguiu o xogo desde o banco.

O calendario de partidos da selección española, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Mércores 16 de outubro
ESPAÑA 3 - ESTADOS UNIDOS 1

Sábado 19 de outubro
ESPAÑA 5 - REPÚBLICA DE COREA 0

Martes 22 de outubro
COLOMBIA 1 - ESPAÑA 2

Domingo 27 de outubro
Cuartos de final
ESPAÑA 5 - ECUADOR 0

Venres 1 de novembro
Semifinais
ESPAÑA 3 - INGLATERRA 0

Domingo 3 de novembro
23:00 (hora galega): ESPAÑA - COREA DEL NORTE

A selección española sub-17 é a vixente campioa de Europa nun torneo no que participou outra deportivista, Lucía Rivas, que se recupera dunha lesión de xeonllo.