RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Ensaio táctico previo ao último amigable en Portugal deste sábado en Chaves

O Dépor realizou esta tarde no Complexo Deportivo de Lousada un ensaio táctico previo ao último amigable en Portugal previsto para este sábado 3 de agosto (18:00 hora local, 19:00 en Galicia) ante o GD Chaves no Estadio Municipal de Chaves. En xogo estará a IV edición do Torneo Emílio Macedo.

O encontro, enmarcado na DéporXira Auga de Parada, será retransmitido en directo pola canle oficial de YouTube do RC Deportivo grazas a Auga de Parada.

Esta firma, referente histórico en cidade no equipamento para baños, fai posible a retransmisión de todos os partidos de pretemporada.

Auga de Parada esponsorizó as retransmisións da última DéporXira, a da pretemporada 2023-24, e patrocinou durante as dúas últimas campañas as emisións de partidos desde Abegondo, que comezaron durante o curso 2022-23 con todos os encontros do Dépor ABANCA e algúns de Fabril e Xuvenil A.

Os Nosos saldaron con empate os seus dous compromisos anteriores en Portugal ante o FC FC Famalicão (2-2) e Gil Vicente FC (0-0), dous equipos de Primera División.

Ademais do exercicio táctico citado, Imanol Idiakez dispuxo un partido a medio campo após unha activación con rondos. Yeremay, Jaime e Raúl Alcaina estiveron con adestramento personalizado supervisado polo readaptador Fernando Rodríguez. Xa non se adestrou Pablo Muñoz, cedido ao Marbella FC de Primera Federación polo que resta de temporada.

O GD Chaves, que arrinca a competición en Segunda División o 11 de agosto ante o Académico de Viseu (unha semana antes que o Dépor), aproveitará este amigable para realizar a presentación oficial ante os seus afeccionados. A entrada para público custa 20 euros, e 10 euros para os menores de 18 anos.

No que vai de verán, o conxunto luso caeu ante o FC Porto (4-0) e empatou (1-1) co Gil Vicente FC.

Finalizado o encontro, a expedición deportivista emprenderá viaxe de regreso á Coruña.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK