RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Escudero, única ausencia do Dépor para viaxar a Córdoba mañá nunha semana na que "houbo que adiantar algunhas cousas"

O Dépor realizou esta mañá no campo 3 a súa última sesión da semana en Abegondo posto que mañá xoves á primeira hora da mañá, os 24 futbolistas convocados por Imanol Idiakez para enfrontarse este venres 13 de setembro ao Córdoba CF (20:30, LaLiga TV Hypermotion e #Vamos), viaxarán, vía Madrid, á cidade andaluza e adestraranse pola tarde ás 19:00 na Cidade Deportiva do conxunto cordobés.

Ante esta circunstancia, o corpo técnico aproveitou para completar un ensaio táctico e un repaso das accións a balón parado na Cidade Deportiva branquiazul.

"Semana moi corta pero é o que hai. Isto de xogar os venres é un pouquiño raro e máis viaxando mañá, e máis adestrando alí. Houbo que adiantar algunhas cosas pero preparados para o partido", asegurou Imanol Idiakez ante os medios de comunicación.

A única ausencia é a de Sergio Escudero, que segue co seu plan de readaptación física previo ao seu regreso á competición.

O preparador deportivista apunta que o lateral zurdo branquiazul "vai ben. Fai moitas tarefas co grupo pero aínda hai que ter un pouquiño de calma porque necesita un pouco máis de tempo". 

Sostén que o seu regreso "vai depender un pouco das súas sensacións, da súa seguridade. É unha lesión que xa tivo antes, que ten que ver cos choques, as disputas, os duelos".

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK