Eva Dios: Estamos a facer ben as cousas para que este ano en Liga F podamos competir e sacar bos resultados
Eva Dios, elixida Xogadora Estrella Galicia da XII edición do Trofeo Teresa Herrera feminino, afirmou na zona mixta de ABANCA-RIAZOR que "a nós nos fai especial ilusión xogar este trofeo, que sabemos que é importante que quede en casa".
Do triunfo ante o Athletic Club, resalta que "competimos moi ben. Estamos a facer ben as cousas para que este ano en Liga F podamos competir e sacar bos resultados. Tanto en Portugal como aquí estamos a sacar un rendemento bo".
Advirte, iso si, que este ano na máxima categoría "é un cambio de rol totalmente diferente, pero temos que ser o suficientemente xogadoras para saber en que rol estamos, saber que moitas veces hai que apertar os dentes e seguir traballando, cando hai que defender hai que defender e cando teñamos o balón aproveitalo o mellor posible".
Finalmente do seu gol, cando viu que se coaba na portería do Athletic, pensou que era "unha marabilla. E máis neste estadio, con este ambiente, con #ANOSAFORZA. Isto é incrible. Non o vou a esquecer en moito tempo".