Fernando Navarro e Fayçal falan da ''dureza'' do castigo que recibiu o Dépor en Balaídos
Fernando Navarro, un dos futbolistas más experimentados do RC Deportivo, compareció na zona mixta de Balaídous.
Cre que #ONosoDerbi foi "disputado ata o 2-1. Eles con tres fogonazos castigáronnos duro".
Cualifica de xogada "complicada" a acción que rompeu o partido, o penalti co que Iago Aspas facía o 2-1: "Sidnei está en disputa e tampouco sei o criterio que pode ter o árbitro. Non é fácil pitar".
Apunta o internacional deportivista e campión de Europa que con este resultado "saímos amolados porque sabemos a importancia do partido a nivel clasificatorio, a nivel sentimental, a nivel moral. Vai ser unha semana complicada, sabémolo. Pero hai que mirar cara a adiante. Aínda que pasemos unha semana amolada tanto a nivel de afeccionados ou xogadores. Hai que mirar á Valencia, xogamos en casa, con ganas de que chegue para darlle unha volta a isto".
Por outra banda, Fayçal Fajr, tamén na zona mixta, cre que o castigo "foi moi duro. Queriamos coller algo en Balaídos pero ao final volvemos cunha derrota difícil".
O internacional marroquí apunta que "fixemos os 30 minutos finais da primeira parte máis ou menos ben. Na segunda parte entramos moi ben. Ao final pita un penalti, non se se é penalti ou non. Ao final pasou o que pasou".
Advirte o atacante deportivista que "hai que esquecer esta derrota rapidamente e a traballar, a dar todo a semana que vén . Hai que pensar no partido da Valencia e nada"máis .