RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Fin de semana sen fútbol no Dépor ABANCA

Empolicado á primeira posición da Primera Federación Iberdrola despois dun arranque de competición insuperable con 2 triunfos en 2 partidos, o Deportivo ABANCA goza dunha fin de semana de descanso debido ao parón ligueiro por seleccións nacionais.

A pesar de non haber fútbol, Irene Ferreras, adestradora deportivista, dispuxo esta semana 4 sesións de traballo en Abegondo antes do descanso de mañá sábado e do domingo.

Sara Debén, a única xogadora que estaba en proceso de recuperación, xa realizou o adestramento completo de hoxe venres co resto de compañeiras e apunta a que podería ser convocada a próxima semana se todo transcorre con normalidade.

Despois do descanso, As Nosas adestraranse de novo o luns 25 de setembro ás 16:30 na Cidade Deportiva.

O próximo partido será o domingo 1 de outubro ás 17:00 en Pradoviejo, campo do DUX Logroño, en choque correspondente á 3ª xornada.