RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Helton Leite: "As porterías a cero son traballo de todos"

Helton Leite compareceu esta mañá na sala de prensa de Abegondo apuntando que "tentamos todo para gañar o partido" fronte ao Málaga e asegurando que "todos os partidos, especialmente en casa, queremos saír cos tres puntos". Tamén aproveitou para rexeitar os comportamentos violentos da afección malaguista.

O porteiro, ilusionado de cara ao seguinte enfrontamento, sente cada día máis adaptado: "sinto ben aquí, en casa". Doutra banda, Helton Leite destaca o potencial da categoría, "non sabía que tiña tanta calidade, estou impresionado".

A pesar da situación clasificatoria actual, "o equipo está centrado no partido a partido" e busca sumar todos os partidos. Ademais, resalta a calidade do cadro e a boa formulación de xogo. Con respecto aos seus compañeiros baixo paus, "gústame moito tanto Germán como Eric, son moi boas persoas" e considera que para o club "é moi importante que haxa xogadores con competencia".

A nivel individual, Helton Leite destaca a importancia dos minutos para os porteiros e que cada día sente con máis confianza: "cada vez podemos tomar mellores decisións, posicionamentos e desprazamentos". Á súa vez, apunta que "as porterías a cero son traballo de todos".  

Finalmente, no referente ao partido fronte ao Elche, o gardameta espera que sexa "un gran partido e obter un gran resultado".