RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Imanol Idiakez: "Tivemos máis situacións nós que eles e de máis claridade"

Imanol Idiakez manifestou na sala de prensa de Abegondo que o equipo "tivo en xeral un bo comportamento. Unha pena porque os 3 puntos puidéronse quedar aquí".

Mostrouse ante os medios de comunicación "contento polo traballo dos mozos. Fixemos un bo partido", concluíu.

De feito, comenta que "tivemos máis situacións nós que eles e de máis claridade; á parte dun penalti anulado polo VAR, un penalti a Obrador, o agarrón a Yeremay que hoxe era legal..."

Do empate a cero co que concluíu este encontro correspondente á 8ª xornada, o adestrador deportivista opina que tanto Dépor como Málaga CF "somos dous equipos bos na transición. Temos capacidade para correr aos espazos cos xogadores que temos arriba. Había moito talento no campo, moitas situacións. O raro é que fose empate a cero. Pola nosa banda fixemos un bo traballo".