RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Imanol: Seguro que iremos mellorando coas xornadas

Imanol Idiakez mostrouse na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR "seguro que iremos mellorando coas xornadas e seguro que a xente que poida vir vainos a poder axudar. Estou convencido".

Queda o técnico deportivista "co partido que fixo o equipo. Non podemos esquecer que o último partido que xogou oficial o Oviedo foi para ascender a Primera División. É un señor equipo que veu aquí a tentar dominarnos, a tentar facer o seu fútbol e non lle deixamos. Fomos dominadores do partido, o partido foi por onde quixemos nós case todo o tempo".

Admite iso si que "concedemos un gol que non debemos conceder, un gol que é un erro por ser brandos nun balón parado que tampouco era un grandísimo balón parado. E os erros nesta categoría páganse. Canto máis arriba xogues menos erros tes que cometer. Cometemos un e fixéronnolo pagar".

O técnico deportivista sente "rabia polos rapaces, que creo que fixeron un grandísimo esforzo e por momentos moi bo fútbol; e dáme pena e rabia por #ANOSAFORZA que outra vez volveu a dar unha demostración da afección que temos. Foi un espectáculo outra vez como nos apoiaron e dáme rabia e pena por eles; pero tamén me vou convencido de que se somos capaces de repetir moitos días o comportamento de hoxe, vai saír máis veces cara que cruz".

Non viu a un Dépor sobreexcitado polo seu retorno ao fútbol profesional: "Volver e que no minuto 5 métanche un gol a un equipo pódelle pesar e non nos pesou. Collemos a pelota, empezamos a dominar, a tentar pola dereita, pola esquerda... Tivemos situacións suficientes. O inicio da segunda parte tamén foi con algunhas claras. Non fixemos 15, pero fixemos suficientes como para sacar algo, cando o Oviedo realmente meteu un balón parado e pouquiño máis. O plan do Oviedo non era vir aquí a defenderse, era vir tentar atacar. E non lle deixamos. Ten moito mérito o partido que fixemos e de verdade que non creo que pagásemos ningún tipo de nervios de debut. Estivemos ben, simplemente isto é fútbol e aquí trátase de acertar".

Pola súa banda, Javier Calleja, adestrador do Real Oviedo, manifestou que "metemos un gol temperán e a partir de aí faltounos máis atrevemento con balón, facer máis dano coa posesión. O balón practicamente era do Dépor. E dedicámonos a defender, a competir. Competimos moi ben".

Pensa que "a nivel defensivo fixemos un gran traballo pero faltounos ter máis o balón, ir máis a campo contrario, facer máis dano. Custábanos moito saír. Na segunda parte coa entrada de Santi Cazorla, Álex... o balón seguía sendo do Dépor pero daba a sensación que o tempo do partido estabamos a manexalo mellor".