Irene Ferreras: "Emocionalmente é un impacto grande como para poder centrarche en algo que teña que ver co deportivo neste momento"
Irene Ferreras admitiu este mediodía na sala de prensa de Abegondo que "vendo o que está a pasar desde onte é difícil conectar co partido porque realmente che preocupan outras cousas".
A adestradora branquiazul, minutos antes de confirmarse o adiamento do partido ante a Valencia CF Féminas previsto para o sábado 2 de novembro ás 12:00 no Estadio Antonio Puchades, asegura que "tentamos adestrar con normalidade", á vez que lembra o seu especial vínculo con Valencia: "Tócame persoalmente. É unha cidade onde vivín, onde vivín nunha etapa da miña vida moi importante. Emocionalmente é moi duro. Non me podo imaxinar o que estarán a pasar alí".
Subliña que "emocionalmente é un impacto grande como para poder centrarche en algo que teña que ver co deportivo neste momento".
Finalmente, preguntado por Imanol Idiakez, quixo darlle as grazas por "o moitísimo que me ensinou. Aprendín moito de fútbol e sobre todo da vida. Deixou unha pegada moi bonita en todos nós". Ademais, conclúe que "ten a súa contribución no ascenso do Depor ABANCA o ano pasado porque pasei moitos intres de fútbol con el nos que me axudou moitísimo a nivel emocional. Desexarlle o mellor".